O STEG solidarízase coas
súas afiliadas da Universidade de Vigo e coas persoas que se viron
forzadas a levar esta institución aos tribunais ante a súa permisividade
no uso dunha conta de correo institucional para enviar contidos do
tipo anteriormente indicado.
O señor SERGIO PAJARES
DOMÍNGUEZ (Xefe de Sección do Servizo de contratación) hai moitos anos
que fai comunicacións onde se incita ao uso da violencia e á
discriminación cultural, política ou sexual, con contidos atentatorios
contra a intimidade e a honra ou sexualmente explícitos, o cal ―á marxe
do dubidoso gosto―supón un claro caso de acoso moral e de vulneración
do dereito de igualdade.
Este xefe de sección fixo
moitas das súas comunicacións electrónicas desde a propia conta
institucional (xascopo@uvigo.es), mesmo en horario laboral e a listas de
correo da comunidade universitaria. A pesar das innúmeras denuncias e
queixas presentadas por colectivos ou por persoas individuais perante
os responsábeis da Universidade (Reitor, Xerencia e Unidade de
Igualdade), a institución fecha fileiras e teima en protexer o señor
Sergio Pajares argüíndo que “o contido das mensaxes podería estar
amparado polo que permite a liberdade de expresión”.
Ante tal situación non
podemos senón manifestar o noso estupor e asombro, apoiando sen reservas
esta acción nos tribunais na confianza de que a xustiza prevaleza e
que feitos de tamaña gravidade sexan debidamente corrixidos e punidos.
O martes 29 de setembro o
STEG estará presente ás 10h 25 vista que terá lugar no Tribunal
Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. Animámosvos tamém a que vos
xuntedes a nós como acto de solidariedade e de apoio para coas vítimas
deste acoso.
Permanente do Secretariado Nacional do STEG
Ningún comentario:
Publicar un comentario