Os cursos, organizados coa colaboración da Consellería de Traballo e
Benestar, son gratuítos e están destinados a un total de 30 persoas
desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego. Empezarán a
mediados de setembro, en horario de mañá, realizaranse nas instalacións
que o Concello ten no Campo da Feira.
O curso de comunicación en
lingua galega terá unha duración de 38 horas e centrarase en que os
participantes comprendan de forma axeitada o contido fundamental dos
textos escritos e de producións orais. Tamén se lles ensinará a
construír textos sinxelos relacionados coa vida profesional con
coherencia textual y corrección gramatical. O obxectivo é que poidan
participar en interaccións orais respectando as normas de convivencia.
O de lingua castelá durará 138 horas e tratará de que as persoas
comprendan producións orais e escritas, para que se poidan expresar
adecuadamente nos diferentes contextos sociais e culturais. Con este
curso tamén se procura que os participantes utilicen a linguaxe na
construción do coñecemento, na comprensión da realidade e na
autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta.
Información tirada de La Región.
Ningún comentario:
Publicar un comentario