María Lado e Lucía Aldao, Laura Branco de Barrera e Xavier Rodríguez Baixeras protagonizan a Festa da Palabra que a Asociación Cultural A Pomba do Arco recupera despois de anos sen se celebrar. Os días 23, 24 e 25 a música e a poesía regresan a Foz coa súa festa.
Tres espectáculos poéticos musicais compoñen o programa dunha noa edición da Festa da Palabra que este ano regresa a Foz da man da Asociación Cultural A Pomba do Arco. A Sala de Exposicións do Cenima acollerá os días 23, 24 e 25, ás 20.30 horas, tres propostas poéticas que mostrarán o moito que está a dar de si a poesía sobre un escenario.A primeira delas levará a Foz o día 23 a que é sen dúbida unha das iniciativas de maior suceso da poesía ao vivo. Trátase do dúo Aldaolado composto polas creadoras María Lado e Lucía Aldao que presentarán na Mariña o seu espectáculo poético que incorpora boas doses de humor. Para a segunda xornada, será a poeta de Foz, Laura Branco de la Barrera, autora de Doenças dum espelho a que achegue a súa renovadora obra á Festa da Palabra. Para pechar o programa, a Pomba do Arco convida unha das máis sólidas voces da poesía galega, Xavier Rodríguez Baixeras, un dos nomes máis destacados da coñecida como Xeración dos 80 que xa participou na primeira edición da Festa da Palabra.
Para pechar o programa, a Pomba do Arco convida unha das máis sólidas voces da poesía galega, Xavier Rodríguez BaixerasCanda Baixeras, algúns dos máis destacados nomes da poesía galega como Fernán Vello, Pilar Pallarés, Lino Braxe, Luísa Castro ou Pepe Cáccamo participaron neste encontro poético que o Concello de Foz convocou a comezos dos anos noventa e que esta nova edición busca dar continuidade. Nomes de poetas que xa non están mais que a súa obra continuou medrando nestes anos como Xela Arias, Fiz Vergara ou o propio Manuel María formaron parte tamén do programa da Festa que converteu a Foz nun lugar de referencia no panorama poético galego. Desde A Pomba do Arco, convida a asistir á esta nova Festa da Palabra na “convicción de que as diversas propostas artísticas deben ter un lugar na actividade cultural, pero tamén desde a certeza que son necesarias alternativas que posibiliten o achegamento da sociedade a formas de expresión que resultan excluídas das grandes canles de divulgación cultural”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario