STEG critica as licencias educativas EDEGA
Nestas datas, os centros educativos galegos veñen de representar o papel de Joseph K., aquel que nonsabía de que o acusaban, do xeito en que escribira Kafka n`O Proceso.
Nestas datas, os centros educativos galegos veñen de representar o papel de Joseph K., aquel que nonsabía de que o acusaban, do xeito en que escribira Kafka n`O Proceso.
As direccións dos centros
recibiron un novo correo de MPLC e Licencia Educativa
Egeda, no que se convida os mesmos a “pasar por
caixa” para o uso dos materiais audiovisuais nas
propostas didácticas do proceso pedagóxico.
Estes prezos, que rozan os
1000 euros no caso dos centros de máis de mil
cincocentos alumnxs, deben ser abonados, di o
correo, antes do 15 de outubro deste
mesmo ano, é dicir, xa, i en caso
contrario, requiren que aqueles centros que non
estean usando materiais audiovisuais, igualmente
o comuniquen! Arroubándose unha autoridade que
aínda Kafka non sería quen de entender.
Esta situación abusiva
encádrase dentro do proceso de “alegre” saqueo
do público emprendido por grandes corporacións
(neste caso madrileñas, que son as inventoras do
invento, alí xa queda pouco por sachar!) coa
connivencia de non poucas administracións
autonómicas (Valencia, Castela-León, Castela- A
Mancha, e a restra delas que todxs podemos
intuír), mudando a Educación Pública nun Nicho
de Negocio, no canto de protexela como un Niño
do Saber.
O STEG reclama
enerxicamente que a Consellaría de Educación
protexa e ampare os centros desta práctica que
se sae dos cauces de relación normais entre o
público e o privado, e que representa unha
intromisión intolerábel na actividade dos
centros públicos de ensino, que xa dispoñen de
ferramentas, órganos e persoas que deberan non
só esixir o seu correcto funcionamento, senón
tamén e ademais rexeitar decididamente prácticas
chantaxistas e kafkianas, esta sorte de “Costra
Nosa” disfrazada de corporación benefactora e
legalista.
A reiteración de accións
de diversa natureza, no camiño de debilitar e
agredir a Educación como ben público, e a
pasividade e inacción da Administración
Educativa, van camiño de nos converter aos
profesionais da Educación naquel labrego do
escritor checo que botara toda a vida sentado ao
pe da porta da Xustiza, e preguntábase porqué
ninguén máis ca el se achegara á porta en todo
ese tempo. Respondíalle o Garda: “Porque esta
porta estaba feita só para ti, pero non a
cruzaches. Agora teño que pechala”.
O STEG achega o seu apoio
aos centros educativos de ensino público, e
defende a súa autonomía, profesionalidade e
responsabilidade no desenvolvemento da súa
actividade, fronte aos que queren converter a
Educación nun campo estercado a fins espúreos e
ilexítimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario