- Unha medida que afonda nas desigualdades que a administración educativa insiste en instaurar no ensino público galego
-
Solicita a apertura dun prazo extraordinario para a solicitude de libros de texto do fondo solidario regulado pola ORDE do 21 de maio de 2015.
STEG xa rechazou o pasado xuño as ordes publicadas no
día 1 dese mes que regulaban o acceso ao fondo solidario de libros de
texto e a convocatoria de axudas para a compra dos mesmos. Xa naquel
momento crticamos a persistencia na eliminación dun verdadeiro programa
de accesouniversal a libros de texto e a improvisación continúa coa que
actuaba (e continúa a actuar) a administración.
A falta duns días para que o alumnado volva ás aulas
apréciase que a Consellería de Cultura, Educación e O.U continúa coa súa
política discriminatoria no ensino público galego. Neste caso,
repercute no alumnado que ten que repetir os cursos de 2º e 4º da ESO.
-
O alumnado de 2º e 4º de ESO que repita curso e non tiver solicitado a súa inclusión no programa do fondo solidario de libros de texto antes do 30 de xuño (tal e como recolle a Orde do 21 de maio), non poderá acceder ao mesmo.
-
A este alunado, que ate a primeira semana de setembro non tería a certeza de se ía a repetir ou non, non se lle permite agora solicitar a súa inclusión no programa, véndose de facto expulso do mesmo.
Pero mentres non é efectivo este dereito, STEG
reclama que se acabe coa política de discriminación do alumnado no
ensino público, e se abra unha fase extraordinaria de
solicitude de adhesión ao fondo solidario para o alumnado que repite 2º e
4º ESO, unha medida que non tería custo económico para a Consellería,
xa que eses libros xa forman parte do fondo solidario dos propios
centros.
Secretariado Nacional do STEG, 7 de setembro de 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario