A
empresa galega Librebit, centrada en recursos de software libre,
anunciou que comezará este novo curso académico cun servizo de
mantemento de computadores de baixo custe (3 euros por equipo ao mes)
que permite aos centros escolares, entre outras cousas, rendibilizar
o tempo de cada clase (os profesores adican máis tempo ao seu labor
docente e esquecen as cuestións informáticas), mellorar as
condicións de navegación en Internet e optimizar a aprendizaxe en
liña (bloquéanse as webs non recomendábeis para o ensino).
O
servizo chámase Control
Suprimir e xa foi collendo corpo o
ano pasado, cuns obxectivos ben definidos: ceibar de horas
de instalación e configuración do parque informático ao
profesorado dos centros. Segundo informa Librebit, cada ano que pasa
“aumenta nas escolas a necesidade de xestionar eficazmente o TIC e
ofrecer un servizo rápido de resolución de incidencias”.
Respecto ao labor de
mantemento a realizar, este consiste en instalar, configurar e
xestionar todos os computadores que teña o centro diferenciando
entre alumnado, profesorado e PAS. Como dixemos, grazas a Control
Suprimir é posíbel mellorar a velocidade de navegación por
Internet naqueles lugares cunha conexión lenta de ADSL ou mesmo
bloquear páxinas non desexadas durante as horas de clase que
requiran de moita velocidade como YouTube ou Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario