Xuventudes Socialistas lanzou unha campaña
baixo o lema 'Con estas raíces non facemos escola', con motivo do inicio
do curso escolar, para denunciar os "graves recortes" do Goberno en
Educación Pública, a "falta de investimento" e a "redución do
profesorado".
"O Goberno central do PP reduciu o investimento en Infantil,
Primaria, ESO e Educación Especial en máis dun 31%. Simplemente, están a
asfixiar a comunidade educativa", apuntou o secretario xeral de JSE,
Nino Torre.Ademais, criticou medidas como a suba do IVE no material escolar e a redución de bolsas. "As familias --apunta Torre-- non poden permitirse aumentar o investimento en máis de 300 euros por cada fillo ou filla.
Por iso, a organización xuvenil denuncia o "maltrato do Executivo do PP á Educación Pública" e asegura que non van quedar de brazos cruzados "vendo como este Goberno trata de rematar" con ela.
Tamén critica que o Goberno "siga reducindo ano tras ano o investimento en Formación Profesional" e que diminuíse as bolsas nesta fase en case un 10 por cento, mentres España "lidera o desemprego xuvenil".
"É inaceptable que, á alarmante situación que sofren moitas familias, se sumen constantes recortes no sistema educativo, incidindo especialmente nas primeiras fases," subliñou Torre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario