Prevé o mantemento dunha taxa de reposición do 10% e quere prolongar a precariedade contractual.
A CIG asistiu á Mesa Sectorial de
Universidades convocada polo Ministerio de Educación para debater o
proxecto de reforma do sistema de acreditación e a regulación de
concursos de traslados nas universidades. A CIG valora moi negativamente
todas as reformas en marcha. O Ministerio non aborda os principais
problemas que sofre o profesorado universitario derivados dunha política
continuada de restricción orzamentaria e recortes. A taxa de
reposición, nomeadamente, estrangula a renovación do cadro de persoal e
impide a promoción profesional. A contratación precaria e os sucesivos
recortes salariais colocan a unha masa crecente de profesorado en
condicións laborais inasumibeis.
O Ministerio indicou que non vai negociar os cambios e limita o
funcionamento da Mesa sectorial a un intercambio de suxerencias
violando as obrigas de negociación que existen neste ámbito.
Taxa de reposición e precariedade laboral
O ministerio informou que o ministerio de Facenda vai presentar un proxecto de lei de orzamentos do estado mantendo a taxa de reposición do 10%. A CIG vén denunciando os efectos que isto está tendo nas universidades cunha redución do persoal gallopante e unha falta de renovación preocupante. O propio ministerio indica que nos próximos tres anos poden rematar contratos entre 5000 e 6000 axudantes ou axudantes doutores sen posibilidade de estabilización. A solución que está estudando é prolongar a precariedade prorrogando algún ano eses contratos aínda que tampouco ten o acordo do ministerio de Facenda para ese parche.
A CIG quere lembrar que a Xunta de Galicia este ano autorizou as prazas de Axudante Doutor cunha duración dun só ano polo que mesmo a duración legal do contrato, ata cinco anos, será obxecto de prórrogas (1+1+1+1+1) aumentando a inestabilidade e podendo non chegar ao máximo permitido.
Acreditación: endurecemento das condicións e falta de solución para as decisións arbitrarias e opacas
O proxecto de Real Decreto de Acreditación permite o control político sobre os nomeamentos das comisións de acreditación, minusvalora a función docente, suporá novas cargas burocráticas para o profesorado e non soluciona os problemas de falta de transparencia e discrecionalidade.
A CIG presentou un conxunto de enmendas ao borrador do decreto. Esixiu a designación por sorteo de todos os membros das comisións e a limitación e acortamento dos mandatos previstos (ata catro anos) para favorecer unha rotación que non provoque unha acumulación de poder en poucas mans tendo en conta que desaparecen os avaliadores e todo o proceso decisorio o toma a comisión de acreditación.
A CIG non concorda con que se poida conseguir a acreditación cunha avaliación desfavorabel da actividade docente, do mesmo xeito que non se pode conseguir cunha avaliación investigadora desfavorabel. Tampouco con que se poida conseguir a acreditación para Cátedras sen experiencia docente de ningún tipo ou que poidan formar parte das comisións de acreditación persoaos sen experiencia docente. A actividade investigadora e docente deben ser valoradas e se alimentan mutuamente no PDI.
A CIG é crítica con que o Real Decreto non inclúa no anexo elementos de obxectivización dos criterios de avaliación.
Concurso de traslados: unha vía para que o ministerio solucione a quebra do CSIC
Por primeira vez quere abrirse o camiño para que as universidades poidan sacar a concurso de traslados sen que computen para a taxa de reposición de efectivos. Non obstante, o ministerio introduce un dardo envelenado no proxecto de lei. As persoas con praza no CSIC poderán concursar sen ser parte dos corpos docentes universitarios simplemente por ter a acreditación para o corpo. Non se contempla que os acreditados dos corpos docentes universitarios poidan participar. Así por exemplo, un profesor de investigación acreditado para o corpo de Catedráticos de universidade podería participar no concurso pero un profesor titular de universidade coa mesma acreditación non podería. A CIG oponse frontalmente a esta falta de reciprocidade xa que a acreditación é un requisito de acceso que debe ter os mesmos efectos para todas as persoas que o teñan: ou ben todos os acreditados deben poder participar nos concursos de traslados ou sería unha regulación contraria ao principio de igualdade.
LIGAZÓN

Ningún comentario:
Publicar un comentario