O pasado ano ao redor de 46 mil persoas cursaron estudos de formación profesional en Galicia (22 mil nos ciclos medios e 24 mil nos ciclos superiores), unha cifra superior á dos que se matricularon en Bacharelato (39 mil). Pola súa banda, case cinco mil ingresaron nos Programas de cualificación profesional inicial. Nas tres universidades galegas, pola súa banda, matriculáronse ao redor de 60 mil alumnos e alumnas.
Os sindicatos amósanse moi críticos coa medida, tanto pola forma en que foi aprobada, a escaseza dos recursos existentes para a súa implantación, pola limitación da oferta e, de forma xeral, polo carácter da reforma, que -denuncian- busca sobre todo maquillar as cifras de abandono escolar, e a elevada porcentaxe de alumnos e alumnas que non completa a formación obrigatoria. Aínda que a taxa de abandono educativo temperán se foi reducindo nos últimos anos en Galicia (pasou do 29,3% no ano 2000 até o 19% este ano), aínda presenta porcentaxes que case duplican o obxectivo do 10% fixado pola UE como límite máximo que se debería acadar no 2020.
José Manuel Cabezudo (STEG): "Este aspecto da LOMCE, como tantos outros céntrase sobre todo en maquillar as estatísticas"Iso si, dende o STEG, José Manuel Cabezudo salienta que esta evolución positiva nos últimos anos se debeu, sobre todo, ao regreso aos estudos -forzado pola crise- dun gran número de rapaces e rapazas que antes estaban ocupados na construción ou no sector turístico. "Este aspecto da LOMCE, como tantos outros céntrase sobre todo en maquillar as estatísticas: os datos de abandono temperán van mellorar, dende logo, estes alumnos van ter un título, pero non van ter mellor formación", conclúe. Anxo Louzao, de CIG-Ensino, incide na mesma idea: "o obxectivo é que estes alumnos e alumnas consigan un título para maquillar as estatísticas oficiais".
Ademais, a limitada implantación da FP Básica, unida á supresión de unidades de PCPI vai facer, segundo STEG, que desapareza a única oferta coa que se contaba para que o alumnado en risco de exclusión -máis de 2.000 alumnas/os afectados - non ficase abandonado". "A LOMCE comeza así a realizar o labor para o que foi deseñada: lexitimar as desigualdades sociais", engade o sindicato. De igual xeito, a CIG salienta que "a Formación Profesional Básica só se implanta en 87 concellos e case unha cuarta parte non terán nin FP Básica nin PCPI". A este respecto, CC.OO. denuncia que "a Consellaría de Educación presume de promover a FP, pero o certo é que a oferta para este curso diminuíu en 520 prazas".
En total, o número de centros que ofrecen esta formación (antes PCPIs, agora FB Básica), fica reducido á metade en Galicia, pasando de 301 a 147En total, o número de centros que ofrecen esta formación (antes PCPIs, agora FB Básica), fica reducido á metade en Galicia, pasando de 301 a 147. José Manuel Cabezudo (STEG) salienta que é a zona rural a máis afectada por este recorte: "se vives no rural e polo motivo que sexa non es quen de seguir o ritmo do ensino obrigatorio, pode que nin sequera teñas a opción de ingresar nestas alternativas, ficas excluído". "Nas cidades, se non tes oferta do ciclo que queres nun centro, case sempre a tes nun centro próximo, pero no rural non é así”, destaca tamén Luz López (CC.OO.), que engade que “por moito que nos queiran vender que melloran a oferta e a calidade, non hai máis que ler polo miúdo os datos”.
Centros con PCPIs 2013-14 | Centros que ofrecen FP Básica 2014-15 | |
---|---|---|
A Coruña | 115 | 53 |
Lugo | 47 | 20 |
Ourense | 34 | 20 |
Pontevedra | 104 | 45 |
Galicia | 301 | 147 |
Un prexuízo para o conxunto da formación profesional
Anxo Louzao (CIG): "Está pensada para expulsar do sistema educativo unha parte do alumnado, que moitas veces é precisamente o alumnado que menos recursos e medios ten"Para os tres sindicatos, ademais, a FP Básica pode prexudicar o conxunto das ensinanzas profesionais, tanto no que respecta ao funcionamento dos centros coma no que atinxe á súa consideración social, despois dun periodo no que a FP gañara prestixio e calidade, e volvendo á situación existente décadas atrás. “Hai anos a FP era un saco onde cabía todo. Todos os que non valían para o bacharelato, para COU, eran desviados para a formación profesional. Era unha FP bastante devaluada, era coma a irmá pobre do ensino. Iso cambiou por completo, chegamos a ter unha FP de calidade, onde os rapaces e rapazas saían ben preparados", destaca Luz López (CC.OO.). "A FP foi deostada no seu momento, pero conseguiuse revalorizala", destaca José Manuel Cabezudo (STEG), que alerta que, de novo, a formación profesional volve a esa función de "recoller aquel alumnado que non vale para outro tipo de formación".
Luz López (CCOO): "Esta medida vai volver desprestixiar a FP, parece que queren que volva ser a irmá pobre do ensino"Luz López explica que "en España hai máis alumnado e traballadores universitarios, a pesar de que o mercado de traballo demanda persoas con outro tipo de formación. Mentres, en Alemaña, o groso da poboación son graduados superiores ou graduados medios". Explica que "estase cometendo o erro de, en vez de revalorizar tanto social como economicamente a formación profesional, enviar á FP un conxunto de alumnos e alumnas que non teñen unha motivación real para cursar estas ensinanzas". A representante de CCOO-Ensino conclúe que "a FP Básica vai ser un problema para a formación profesional. Antes chegaba alumnado que xa non tiña que ter materias comúns, agora os centros si que teñen que ofertar contidos de matemáticas, lingua, etcétera. Esta medida vai volver desprestixiar a FP, parece que queren que volva ser a irmá pobre do ensino".
Para Louzao, "escóitase ao Goberno dicir, de forma propagandística, que hai que dirixir o alumnado cara á FP. Pero a realidade é que máis de 4000 rapaces e rapazas que por falta de prazas non poden cursar o ciclo formativo que escolleran"Para Anxo Louzao, "escóitase ao Goberno dicir, de forma propagandística, que hai que dirixir o alumnado cara á formación profesional. Pero hai que dicir que a realidade é que máis de 4.000 rapaces e rapazas que por falta de prazas non poden cursar o ciclo formativo que escolleran. Ten que haber recursos suficientes, facilitando o acceso a bolsas de estudo que lle permitan ao alumnado acceder a ciclos que están lonxe da súa residencia". Louzao lembra tamén que a Xunta "desvía máis de 12 millóns de euros para financiar o ensino privado e concertado na formación profesional", unha privatización na que tamén se incide a través "do fomento da FP Dual". Para Louzao, "é necesario un novo deseño do mapa da FP en Galiza, que partindo do desenvolvemento estratéxico do país e das características no noso sistema industrial e produtivo, se ordene a formación profesional".
Aprobación acelerada e sen consenso
Para o STEG, neste caso seguiuse o mesmo patrón que con outros aspectos da LOMCE: medidas aprobadas sen diálogo coa comunidade educativa, sen consenso e de xeito aceleradoOutro aspecto moi criticado é o proceso seguido para a aprobación e posta en marcha da FP Básica en Galicia. CCOO-Ensino denuncia "o desprezo co que a Consellaría segue a tratar aos axentes sociais" por publicar a oferta de ensinanzas de Formación Profesional Básica "sen ter pasado polos órganos correspondentes, nin polo Consello Galego de Formación Profesional nin pola Mesa Sectorial". O sindicato critica que a publicación desta oferta se fixo "practicamente iniciado o mes de agosto cando os centros afectados están sen actividade e parécenos inadmisible que non se abrira a negociación da implantación dunhas ensinanzas que suporán unha modificación notable da rede de centros". Anxo Louzao enmarca este proceso na aplicación "insólita e trapalleira" da LOMCE en Galicia, ao aprobar a Consellaría en agosto, vía DOG, unha orde que fixaba os currículos de Primaria cando estaba sen aprobar o decreto, norma de rango superior, que tiñan que regulalos. Para o STEG, neste caso seguiuse o mesmo patrón que con outros aspectos da LOMCE: medidas aprobadas sen diálogo coa comunidade educativa, sen consenso e de xeito acelerado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario