xoves, 18 de setembro de 2014

Agasallos e protestas na visita dos reis de España

“Os cartos dos borbóns para educación” foi algúns dos berros que escoitaron Felipe VI e a súa muller no Pereiro de Aguiar. Tamén recibiron unha carta crítica, tres libros e bonecas de agasallo.

Os reis de España Felipe VI e Leticia voltaron por segunda vez a Galicia no que vai de ano. Logo da visita que fixeron a Santiago o pasado 25 de xullo, os monarcas españois acercaronse este martes ao colexio Ben-Cho-Shey do Pereiro de Aguiar para inaugurar o curso escolar.
 
Escolleron este centro por ser unha escola rural e do interior para simbolizar a importancia que a educación ten que ter tamén nas zonas menos urbanas. Pero o que se atoparon a súa chegada foi unha protesta da CIG que lles recriminaron a “penosa” situación da educación pública en Galicia.
 
“Ben cho sei, Galicia non ten rei” ou “Os cartos dos borbóns para educación” foron algúns dos berros que tiveron que escoitar os monarcas na súa visita a este centro ourensán que estaba fortemente custodiado por efectivos da Garda Civil.
 
Tamén a Ampa deste colexio entregoulle unha carta ficticia dunha nena á raíña Leticia na qu elle conta que está a piques de dar o paso a Secundaria, pero non o seu irmán, do que se ten que separar porque non foi atendida a demanda de que se cre un centro para esta fase posterior neste municipio galego.
 
Tampouco a reclamación dunha ampliación do comedor escolar nin a petición para que se adiante o inicio da xornada lectiva, fixado ás 10:30 horas, e que leva a algúns alumnos a permanecer máis de tres horas na aula de espera.

Agasallos

Pero Felipe VI e Leticia non só tiveron berros e cartas críticas. tamén marcharon con agasallos; bonecas para as súas fillas e un feixe de libros para eles. Así, o centro obsequiounos con dúas “fofuchas”, unhas orixinais bonecas para as princesa Leonor e a infanta Sofía. 
 
Os Monarcas, pola súa bada,  recibiron tamén o libro "A que sabe a lúa?", en castelán e galego, de Michael Grejniec, unha obra na que os animais da selva mostran que sempre as cousas compartidas saben moito mellor. Tamén un volume dedicado á parroquia de Santa Marta de Moreiras escrito polo xornalista, político galeguista e etnógrafo Ben-Cho-Shey, nome que utilizou Xosé Ramón Fernández Ojea. Ademais recibiron outro volume sobre a ruta dos muíños do río Lonia. Finalmente, foron agasallados cun ágape composto por canapés e viños do Ribeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario