Comeza un novo curso escolar, que se prevé axitado. As políticas de 
retallamento aplicadas pola Xunta de Galiza e a aplicación da LOMCE 
centran as críticas da comunidade educativa que prepara xa a campaña de 
mobilizacións.
Enceta un novo curso académico. A volta ás aulas do estudantado vén 
cargada de reducións no número de unidades escolares –en primaria e 
secundaria diminucións no cadro de persoal docente e nas bolsas de 
axuda ao estudo, nomeadamente entre o alumnado universitario.  
Repagamentos,
 como o comedor e o aumento do financiamento público ao ensino privado, 
tamén segregacionista, que centran as críticas da comunidade educativa, 
especialmente das centrais sindicais que denuncian “o abandono” da 
pública por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo.
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario