As librarías galegas venderán descargas de ' e-book' para tratar
de paliar as perdas de vendas debidas á "institucionalización" do
intercambio de libros a través dos bancos de libros creados nos
colexios, segundo explicou este mércores a presidenta da Federación de
Librarías de Galicia, Piar Rodríguez.
Nunha rolda de prensa, Piar Rodríguez e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, presentaron na Cámara de Comercio de Ourense a campaña " Os teus libros, ou teu futuro", na que cada compra dun libro dará dereito a entrar nun sorteo de 30 vales de cen euros, ata o día 25 de setembro e a través dun código dixitalizado (QR) que permite participar co seu escaneo.
Rodríguez agradeceu a implicación da Consellería de Industria "por ser a que hai dous anos, se decatou por fin, de que as librarías pasan por un momento dificilísimo, mesmo peor que o dos demais comercios".
Pola súa banda, a directora xeral resaltou o apoio á campaña na "proximidade, servizo e proximidade das librarías a todos os cidadán, e en que son as fábricas de sonos das que se gardan recordos como o olor das páxinas".
Logo, a presidenta do colectivo respondeu a varias pregunta sobre as dificultades do sector e o estado das denuncias presentadas contra a venda de libros nos colexios galegos.
Nese sentido, a directora xeral detallou que se entaboou un contacto continuo entre os equipos xurídicos da consellería e da congregación relixiosa porque os seus centros "teñen un Imposto de Actividades Económicas rexistrado en Madrid, que utilizan en todos os seus colexios, e hai que entrar en cada detalle para ver se a súa venda de libros, que ten detrás a unha grande editorial, é só para os alumnos ou, como din eles, a porta está aberta a quen queira comprar,".
"Iso ten difícil solución así que estamos a darlle voltas no sector para prepararnos na implementación de novas tecnoloxías, como facemos xa con esta campaña promocional," resaltou.
Nese sentido, explicou que hai que introducir esas tecnoloxías nas librarías e para iso xa están a prepararse para "facer descargas de libros electrónicos que se poidan vender en librarías independentes".
A responsable de Comercio resaltou que a chegada do comercio electrónico "con moitas críticas iniciais", acabou derivando nunha convivencia real das posibilidade do comercio electrónico e o presencial, "que remataron entrelazándose.
"O mesmo pode acontecer cos libros electrónicos e así esperamos que sexa", concluíu Vázquez.
Nunha rolda de prensa, Piar Rodríguez e a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, presentaron na Cámara de Comercio de Ourense a campaña " Os teus libros, ou teu futuro", na que cada compra dun libro dará dereito a entrar nun sorteo de 30 vales de cen euros, ata o día 25 de setembro e a través dun código dixitalizado (QR) que permite participar co seu escaneo.
Rodríguez agradeceu a implicación da Consellería de Industria "por ser a que hai dous anos, se decatou por fin, de que as librarías pasan por un momento dificilísimo, mesmo peor que o dos demais comercios".
Pola súa banda, a directora xeral resaltou o apoio á campaña na "proximidade, servizo e proximidade das librarías a todos os cidadán, e en que son as fábricas de sonos das que se gardan recordos como o olor das páxinas".
Logo, a presidenta do colectivo respondeu a varias pregunta sobre as dificultades do sector e o estado das denuncias presentadas contra a venda de libros nos colexios galegos.
VENDA ILEGAL
Rodríguez relatou que a venda ilegal nos centros escolares, supuxo no caso de Ourense, dez anos de loita xudicial contra o colexio Maristas e agora, só coa advertencia que fan os inspectores de Industria da actividade ilegal detectada "todos foron deixando de facelo en toda Galicia, agás 16 colexios, a maioría centros escolares da Compañía de María".Nese sentido, a directora xeral detallou que se entaboou un contacto continuo entre os equipos xurídicos da consellería e da congregación relixiosa porque os seus centros "teñen un Imposto de Actividades Económicas rexistrado en Madrid, que utilizan en todos os seus colexios, e hai que entrar en cada detalle para ver se a súa venda de libros, que ten detrás a unha grande editorial, é só para os alumnos ou, como din eles, a porta está aberta a quen queira comprar,".
BANCOS DE LIBROS
Se o problema da venda ilegal nos colexios está case solucionado, segundo Rodríguez, outras situacións contribúen a un descenso de vendas de máis do 20 por cento no sector libreiro. Así, ademais da crise que recorta os fondos familiares destinados a libros, a implantación dos bancos de libros nos colexios para o intercambio entre familias pasa a ser a primeira causa de descenso de venda."Iso ten difícil solución así que estamos a darlle voltas no sector para prepararnos na implementación de novas tecnoloxías, como facemos xa con esta campaña promocional," resaltou.
Nese sentido, explicou que hai que introducir esas tecnoloxías nas librarías e para iso xa están a prepararse para "facer descargas de libros electrónicos que se poidan vender en librarías independentes".
A responsable de Comercio resaltou que a chegada do comercio electrónico "con moitas críticas iniciais", acabou derivando nunha convivencia real das posibilidade do comercio electrónico e o presencial, "que remataron entrelazándose.
"O mesmo pode acontecer cos libros electrónicos e así esperamos que sexa", concluíu Vázquez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario