Cumpríronse este domingo máis de dúas semanas de peche nas instalación do CPI Manuel Suárez Marquier para reclamar un mestre que “corresponde segundo o catálogo de postos de traballo publicado no DOG”, afirman.
Tivo lugar outra manifestación no instituto do Rosal, onde a comunicade educativa leva xa 17 días encirrada en contra dos recortes e os vetos. Ma mobilización, as consignas máis berradas foron: “Conselleiro cumpre a lei” ou “conselleiro trapalleiro en que gastas o diñeiro?”. Ambas frases amosan claramente cales son as preocupacións d@s ensinantes, xusto o día en que o presidente da Xunta ofreceu a Jesús Vázquez, titular desa carteira, como candidato municipal en Ourense.“Pérez Ares conta ben ou Pérez Ares somos moitos máis de cen”, cantouse na manifestación. Esta consigna pretendía contestar as declaracións feitas polo Xefe Territorial de Educación de Pontevedra nun medio de comunicación, nas que dicía que a asemblea da ANPA na que se acordou realizar esta manifestación tivera escasa asistencia “cando foi a asemblea da ANPA máis numerosa dos últimos anos”, afirman desde o profesorado, que pensa manter a protesta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario