CCOO denuncia o “deterioro” da educación pública e o “desvío” de diñeiro de todos para sufragar centros privados e concertados.
Unha redución do persoal docente en 1.500 profesionais
e a duplicación do número de interinos ata chegar a un 10%. Esa a
denuncia que fai a federación do ensino de CCOO no inicio do curso
escolar. Unha situación da que responsabiliza á Xunta polo seu intento de "deteriorar" o ensino público.
Así, nun comunicado, critica que o Executivo galego pretende cargar
sobre o profesorado os custos da crise económica, aumentando a súa carga
de traballo e reducindo até nun 21% o seu poder adquisitivo nos últimos cursos.
Neste sentido, denuncia o "desvío" de diñeiro público ao
ensino privado e cita o caso "especialmente sanguento" dos centros que
segregan aos alumnos por sexo, o que antes estaba prohibido e agora
permite a LOMCE.
Tamén rexeita a redución na oferta de formación profesional básica. “A
Consellería presume de promover a FP, pero o certo é que a oferta para
este curso diminuíu en 520 prazas", denuncia a secretaria xeral de
CCOO-Ensino, Luz López
Ningún comentario:
Publicar un comentario