O alcalde edita un bando no que "fai saber" que dará 100 euros do seu peto aos escolares.
Campos lanza a convocatoria ao seu estilo, mediante un bando no que "fai saber" que dará unha axuda de 100 euros para a compra de libros de texto aos nenos matriculados no colexio Pío Cabanillas, achega que sufragará "personalmente, sen ningún custo para o Concello". Os pais poderán pasar polo consistorio para recoller a axuda, aportando justificante da matrícula para o presente curso e certificado de empadroamento.
O regidor xustifica esta controvertida medida -á que ata apeló na súa última subida de soldo, cando pasou de 2.500 euros brutos ao mes a 3.273- polo éxito que tivo nos anos anteriores, aínda que, como as axudas son entregadas directamente por el ás familias, descoñécese si benefician a todos os alumnos matriculados (35 o pasado curso).
Ningún comentario:
Publicar un comentario