A sala do Contencioso-administrativo do TSIB ditou tres sentenzas contra a norma aprobada polo Govern en 2013 e que xerou unha amplisima contestación social nas Illas. A norma elaborouse tendo como modelo o 'decretazo' da Xunta.
O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares (TSXB) declara nulo o decreto que regula a aplicación do TIL (Tractament Integrat de les Llengües) no ensino non universitario. Unha norma que coa desculpa de implantar o “trilingüismo” marxinaba o idioma catalán , segundo gran parte da sociedade balear, que protagonizou unha ampla e multitudinaria resposta contra o ‘decretazo’.O 'decretazo' do trilingüismo, copiado do galego , deixaba no 33% a presenza do catalán nas aulasSegundo o auto do TSXB, a sala do Contencioso-administrativo ditou tres sentenzas nas que estima os recursos presentados por STEI, CCOO e UGT contra a norma aprobada polo Consell de Govern en abril de 2013. As resolucións están avaladas polos 5 maxistrados da sala, sen votos particulares. O Govern, sinala o auto, non consultou á Universidade sobre esta norma malia que no propio estatuto de autonomía se consagra a esta institución como órgano consultivo preceptivo en todo o que atinxe á regulación do idioma propio.
O Tratado integrado de linguas, un 'decretazo' do trilingüismo copiado do galego e que deixaba no 33% a presenza do catalán nas aulas; e para apoiar @s milleiros de docentes que fan greve indefinida desde o 16 de setembro en contra dunha norma aprobada, segundo o Govern, "porque é importante saber inglés".
As manifestacións máis multitudinarias da historia de Baleares, folgas no ensino cun amplo seguimento, mobilizacións, ducias de actos de todo tipo... a oposición a este decreto mobilizou a milleiros de persoas.
O Tratado integrado de linguas, un 'decretazo' do trilingüismo copiado do galego e que deixaba no 33% a presenza do catalán nas aulas; e para apoiar @s milleiros de docentes que fan greve indefinida desde o 16 de setembro en contra dunha norma aprobada, segundo o Govern, "porque é importante saber inglés".
Ningún comentario:
Publicar un comentario