EDICIÓNS XERAIS envía información das súas novas edicións en libro electrónico: da colección de ensaio A alternativa está aquí, de María Reimóndez.
En narrativa Dende o conflito, de María Reimóndez e na colección Sopa de libros Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey.
Andrea Maceiras gaña o 6.º Premio Meiga Moira 2014 de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por BAÍA EDICIÓNS.
Segundo o xurado, a obra acaba por ser unha exacta e plural homenaxe ao
libro e a lectura. A obra será publicada por Baía Edicións na súa
colección Meiga Moira antes de finalizar o ano e a autora recibirá 2.500 euros, cantidade coa que está dotado o Premio.
Nas novidades editoriais de Baía Edicións destaca a ampliación da aula virtual e os títulos sobre cogomelos.
A LIBRARÍA AIRA DAS LETRAS convoca o 3º concurso de micro-relatos. O tema escollido é Manuel Blanco Romasanta. Pódese participar até o 30 de setembro.
DEMO EDITORIAL envíanos información de dúas novas publicacións: A causa do crime, de Tokio e Nacho Camacho, con guión de Rodrigo Cota e debuxos de Jano.
BIBLOS. CLUBE DE LECTORES
publicou o número 70 da súa revista que corresponde a setembro e
outubro, de 32 páxinas a toda cor, con máis de 250 referencias de discos
e libros galegos e portugueses e información das novidades máis
salientábeis.
Na LIVRÁRIA SUÉVIA presenta o 30 de setembro ás 20 h a asociación Véspera de nada a 2ª edición da Guía para o descenso enerxético: por unha Galiza sen petróleo. O 24 de outubro ás 20 h actuarán na libraría coruñesa Lucía Aldao e María Lado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario