A Consellaría de Educación négase a conceder unha praza docente que ao centro lle corresponde por dereito segundo o catálogo deseñado pola propia Xunta.
As familias do Rosal e a equipa docente do CEIP Manuel Suárez Marquier levan en pé de loita desde o pasado 4 de setembro cando se inaugurou o curso escolar 2014-2015. Este centro de ensino primario e secundario conta para este curso cunha praza menos entre o profesorado, unha decisión, afirman, "adoptada unilateralmente" pola administración.Após o rexeitamento por parte da xefatura territorial de asignar @ docente que "nos corresponde", apunta, a Asociación de nais e pais do centro encetou un "fechamento indefinido" pois, explica Anxo Vaquero, o seu presidente, "temos claro que a calidade do ensino se vai ver prexudicada".
Cando a equipa docente do Suárez Marquier recibiu a circular en que se lles asignaban @s profesor@s para este ano "pensaban que era un erro administrativo", conta Vaquero. Das 17 prazas que lle corresponden ao colexio --de acordo co catálogo deseñado pola propia Xunta de Galiza-- viron que unicamente lles eran asignad@s 16. O centro conta con "dez unidades escolares" e un total de "421 alumnos", entre @s que se atopan vari@s con "necesidades educativas especiais".
A xefatura territorial di que "non nos fai falta" esa praza porque o persoal docente pode "asumir perfectamente" as actividades mais, "ou non se informaron ou queren intoxicar", deununcia a AnpaA Xunta di que "non é necesario"
Porén, perante as reclamacións presentadas pola dirección, a xefatura territorial de Pontevedra, con César Pérez á cabeza, rexeitou asignar unha persoa máis porque, afirman desde a Anpa, "din que non nos fai falta". Neste senso, a administración emitiu un comunicado o 11 de setembro en que asegura que o profesorado do CEIP Suárez Marquier pode "asumir perfectamente" todas as actividades e servizos para "un correcto funcionamento" do servizo. No entanto, profesorado e familias concordan en sinalar que "mesmo cubrindo esa praza nós pensamos que non chega" pois "temos 7 aulas con 24 alumnos".
Así as cousas, desde Educación retrucan que a ratio por docente son "25 alumn@s" e que no centro, ningunha aula está a superar @s 20. "Ou non se informaron", sinala Anxo Vaquero, "ou quixeron intoxicar con ese comunicado". Desde a Anpa, critican con dureza que ningún representante da administración teña visitado o colexio para "comprobar in situ as condicións" do ensino nen as demandas da equipa docente e a Anpa. "A súa intención é recortar ese profesor e, a verdade, non sabemos moi ben por que".
"A súa intención é recortar ese profesor e, a verdade, non sabemos moi ben por que"Estudan novas medidas de presión
"Se mudasen o catálogo por mor dos recortes non nos quedaría máis remedio que aceptalo e protestar nas urnas", asegura este pai. Destarte, "o que non pode ser é o se que nos está a dicir, que a lei é interpretábel". Por esta razón, a Anpa decidiu iniciar un fechamento indefinido nas intraestruturas do centro "até que se nos conceda a praza". Aliás, non descartan desenvolver máis medidas.
"Hai que manter os tempos", explica Vaquero, "porque os prexudicados son os nosos fillos", polo que, "imos esgotar todas as vías de negociación e procurar máis apoios" entre as "forzas vivas do Concello do Rosal" e a Federación de Anpas. Así as cousas, advirten, "hai máis cousas previstas, algunhas delas que poden forzar as actuais posicións".
Ningún comentario:
Publicar un comentario