Prezados amigos e amigas:
Poñémonos en contacto con vós, nesta ocasión, para vos
informar de que establecemos un acordo coa Fundación” La Caixa” polo que
imos poder contar cun número limitado de lotes de material escolar para
repartir entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria dos
Centros Públicos que pertencen as nosas ANPA federadas.
A nosa intención é chegar ao maior número de nenas e nenos, dando prioridade ás familias que estean nunha situación na que se faga moi difícil asumir o custo do material escolar, máxime cando a Xunta suprimiu a posibilidade de poder utilizar o cheque para iso, limitando o importe só aos libros de texto.
Para isto é preciso nos indiquedes no prazo desta semana e co máximo rigor, o número
de nenos/as que necesitarían esta pequena axuda para iniciar o curso
escolar, especificando si se trata de alumnado de infantil, primaria ou
secundaria. A distribución farase por parte do equipo de traballo da
Fundación en función dos lotes dispoñibles e solicitados, por rigorosa
orde de chegada e coa información que dende a nosa Federación e CONFAPA
GALICIA lles facilita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario