As cuantías oscilan entre os 500 e os 4.150 » A Xunta suma ás xa existentes as dos CEIP de Prado e de Soutelo de Montes.
A relación de centros educativos e as cuantías aprobadas é a seguinte: O CEIP de Agolada ingresará 1.000 euros. Na Estrada son exactamente seis. O colexio público de Figueiroa recibirá 1.200, 1.000 o de Ou Foxo e a mesma cuantía o Plurilingüe de Oca. Os institutos Losada Diéguez, García Barros e Número 1 percibirán 1.400 e 1.000 os dous últimos. En Lalín o CEIP Manuel Rivero dispoñerá para a súa biblioteca de 800 euros, a mesma cantidade o Arias da Maza de Vilatuxe e 1.200 irán para a do Xesús Golmar. O instituto Laxeiro recibirá 1.200 euros e 1.300 en Aller Ulloa. Aos CEIP de Silleda e A Bandeira irán 1.000 e 1.3000 euros e 500 para o instituto Pintor Colmeiro. O colexio público Cerdeiriñas de Piloño (Vila de Cruces) percibirá 800 euros e 1.000 o instituto Marco do Camballón. Entre os centros novos que se beneficiarán das axudas de Educación aparece o CEIP Xaquín Loriga de Prado (Lalín) e o de Soutelo de Montes (Forcarei), que terán 4.150 e 2.200 euros respectivamente.
A concesión destas subvencións forma parte dun programa de Educación para apoiar os procesos de transformación das bibliotecas en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, ademais de favorecer actividades de fomento da lectura e a educación. A orde establece que os gastos realizados en cada centro educativo deberán ser xustificados antes do 10 de xuño do próximo ano. A non entrega á consellería da memoria e xustificación no prazo sinalado será causa de revogación das cantidades asignadas en cada caso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario