A CIG-Ensino esíxelle ao Xefe Territorial que rectifique e pida desculpas ao equipo docente do centro.
A CIG-Ensino quere amosar o seu apoio ao
profesorado do IES A Pobra diante das declaracións do Xefe Territorial
da Coruña nas que responsabiliza aos docentes da situación de abandono
do centro escolar e das súas carencias.
A CIG-Ensino lembra que a responsabilidade sobre o mantemento
das instalacións educativas lle corresponde á Administración, tanto
autonómica como local e que as deficiencias deste centro súmanse a todas
as incidencias que se están presentando en numeroso centros educativos
debido aos recortes cos que se castiga ao ensino público namentres se
subvenciona ao privado.
Para a CIG-Ensino estas declaracións supoñen unha afronta máis a un colectivo, o do profesorado, que non ten ningunha capacidade de decisión sobre os recursos cos que se dota aos centros e que non fai máis que sufrir nas súas costas o deterioro do ensino público, os recortes salariais, as amortizacións de prazas, incrementos de horario, número de alumnos e alumnas por aula.
A CIG-Ensino esíxelle ao Xefe Territorial que rectifique e pida desculpas ao equipo docente e directivo do centro e dirixa os seus esforzos en cumprir coa súa obriga de dotalo dos recursos necesarios para que o profesorado e o alumnado poidan desenvolver a actividade escolar nunhas condicións dignas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario