Os informes da Unión Europea sitúan o noso país na cola do índice de fecundidade no continente e moi lonxe da taxa que garante o relevo xeracional.
Demograficamente, o futuro de Galiza é negro:
un país envellecido, con altas taxas de emigración na mocidade e onde o
índice de fecundidade (nacementos vivos por muller) hai tempo que
superou a liña vermella do preocupante. A propia Unión Europea, a través
dun informe da oficina estatística, Eurostat,
recolle esta situación. No estudio sobre os nacementos nos 314
territorios da Unión Europea, Galiza é a terceira con peor rexistro. Por
cada muller en idade fértil que hai no noso país nacen 1,07 nen@s. A
media europea é de 1,57. Segundo a propia oficina estatística, para
garantir o relevo xeracional esa taxa ten que ser de 2,1 crianzas, un
listón do que o noso país se afasta cada vez máis.
Previsións
A situación levou á propia Xunta a recoñecer antes do verán que Galiza estaba en “alerta vermella” demográfica e a intensificar as xestións ante a UE para obter fondos e apoios para intentar deter e reverter esta realidade.
Hai uns meses o Instituto Nacional de Estadística (INE, organismo autónomo mais adscrito o Ministerio de Economía do goberno español) calculaba que en apenas unha década Galiza perdería máis do 5% da súa poboación. Entre 2013 e 2023 haberá 147.751 habitantes menos no noso país. Equivalente a multiplica por dous os habitantes de Pontevedra .
O propio Estado español recoñece que nunha década Galiza terá 150.000 habitantes menos, o 5% da súa poboaciónDos máis de 300 territorios e rexións que abarca este estudio (e no que se inclúen territorios de ultra-mar sob administración de estados da UE) só hai dous que presenta peor prognóstico que Galiza: Canarias e Asturies. O tridente de pobos que semellan destinados a ir desangrándose poboacionalmente.
Previsións
A situación levou á propia Xunta a recoñecer antes do verán que Galiza estaba en “alerta vermella” demográfica e a intensificar as xestións ante a UE para obter fondos e apoios para intentar deter e reverter esta realidade.
Hai uns meses o Instituto Nacional de Estadística (INE, organismo autónomo mais adscrito o Ministerio de Economía do goberno español) calculaba que en apenas unha década Galiza perdería máis do 5% da súa poboación. Entre 2013 e 2023 haberá 147.751 habitantes menos no noso país. Equivalente a multiplica por dous os habitantes de Pontevedra .
Ningún comentario:
Publicar un comentario