Para Verdegaia "falta no PDR unha análise detida e sistémica das características do mundo rural a nivel cultural, social e ambiental", así coma "unha reflexión fonda sobre a crise que está a padecer, que é moito máis que demográfica". Critica tamén que este PDR é "un documento tinxido dunha visión urbanita sobre o que é e debe ser o rural" e pide "unha transformación real das prioridades do noso sistema político e económico que poña ao rural no centro", e que ademais "valore o seu potencial de futuro nun modelo de desenvolvemento diferente e que afronte dunha vez os graves problemas derivados do consumismo tecnolóxico-industrial e a urbanización do mundo como son o esgotamento de recursos, a saturación de residuos, a crise climática e o crecemento das desigualdades".
Verdegaia pide "unha transformación real das prioridades do noso sistema político e económico que poña ao rural no centro", e que ademais "valore o seu potencial de futuro nun modelo de desenvolvemento diferente"Verdegaia critica a escasa participación das comunidades: "o PDR non inclúe fórmulas de participación das comunidades rurais na elaboración, posta en marcha ou avaliación das súas medidas, para alén de mecanismos burocráticos mínimos como esta propia fase de exposición pública".
"O PDR non inclúe fórmulas de participación das comunidades rurais na elaboración, posta en marcha ou avaliación das súas medidas"E tamén que o texto está dominado por unha "visión economicista sobre o rural", de xeito que "as medidas que contempla o PDR están moi enfocadas á creación de empresas no rural con maior capacidade para xerar beneficios e seren competitivas". Para a entidade, "a creación de empresas no rural pode non ser negativa en si mesma, pero habería que manexar con coidado este tipo de políticas" pois "a UE, a través da PAC, leva décadas pulando pola redución da poboación rural, a especialización e concentración da produción e a súa maior vinculación ao mercado internacional". Medidas que supoñen "a degradación do medio rural", facéndoo "máis vulnerable aos mercados globalizados", e alterando "o delicado equilibrio entre produción de alimentos e medio natural".
De igual xeito, denúnciase que en todo o texto non se fai referencia ao concepto de soberanía alimentar, nin tampouco "unha visión de xénero sobre a situación da muller no rural", pois "as mulleres no rural sofren cando menos unha dupla discriminación por seren mulleres e labregas", o que se reflicte no acceso á titularidade das fincas ou ás pensións agrarias.
Para Verdegaia no texto óbviase a soberanía alimentar, as visións de xénero ou o benestar animalVedegaia demanda tamén "unha visión máis fonda sobre os problemas do medio natural nos espazos rurais" e critica que o documento obvia problemas coma os monocultivos de eucalipto e piñeiro, os incendios forestais, "ou a presión sobre o territorio producida dende o ámbito máis urbano, por exemplo coa construción de infraestruturas viarias".
Critícase igualmente que o documento tamén deixa de lado o benestar animal. Verdegaia lembra que "centos de miles de animais están expostos a sufrimentos evitables nos procesos de produción de alimentos" e que "estes animais teñen dereitos que hai que respectar", sinalando que "o mínimo sería evitar todo sufrimento innecesario, tanto na cría, condicións de vida e alimentación, como no seu sacrificio".
Ningún comentario:
Publicar un comentario