Quer evidenciar as ‘’carencias’’ do ensino público por mor das decisións políticas das administracións do PP.
A Plataforma Galega en defensa do ensino
público anunciou a convocatoria dunha concentración o vindeiro 16 de
setembro en Pereira de Aguiar, o día que Felipe VI inaugura o novo curso
escolar. O secretario nacional de CIG-Ensino Anxo Louzao explicou que
este acto, que vai decorrer no centro de ensino ‘Ben Cho Sey’, quer
amosar as carencias e deficiencias do sistema educativo galego. Louzao
entende que é de importancia que a sociedade saiba que a liña seguida
pola Xunta implica diminución de calidade e abandono. O ensino público
vai ter 63 unidades suprimida mentres no privado haberá 79 unidades
novas. Aliás, o goberno galego o ensino público concertado, cun exemplo
claro que é o convenio cos centros que segregan por sexo.
Desde AGIR, Antía Balseiro denunciou o “machismo” que aniña nese tipo de medidas e decisións.
Cosme Pombo, do BNG, denunciou que hai profesores que van ter que impartir aulas en diferentes colexios á vez, con todo o que iso significa. Tanto Pombo como Louzao lembraron que durante o goberno do PP perdéronse 3.000 profesores.
Elvira Lombao, da Federación Provincial de Ampas de Lugo, lembrou que existe preocupación nas familias tanto polos recortes no ensino público e a falla de profesoradso como pola “nefasta” aplicación da Lomce.

Ningún comentario:
Publicar un comentario