A proposta busca un refinanciamento da débeda da institución, acompañado dun conxunto programa de recortes orzamentarios, sobre todo na área de persoalOs sindicatos xa fixeron públicas nos últimos días as súas críticas tanto ao contido do plano coma ao seu proceso de elaboración, sen ter en conta as opinións da comunidade universitaria. “Dannos o prato xa cociñado e servido na mesa sen posibilidade de cambiar unha coma”, sinala Alba Nogueira, representante da CIG, que denuncia que o equipo de goberno da universidade decidise non negociar "unha cuestión tan transcendental e que afecta tanto aos traballadores".
Nogueira sinala que "os efectos destas medidas na sociedade van ser gravísimos" pois "van pechar titulacións" e "ponse en risco a competitividade da universidade a medio prazo". Entre 2010 e 2014 reduciuse o número de PDI en case 300, e espérase reducir outros 300 nos vindeiros tres anos, pasando de 2.300 docentes a ao redor de 1.700. "A universidade non lle di á sociedade cales van ser os efectos de funcionar cun 20% menos de persoal. Nesas condicións non é posible seguir mantendo as titulacións, os mestrados coma até agora, nin manter o nivel de investigación que está tendo a USC", sinala Nogueira. "Hai que pensar que na universidade os traballadores non son intercambiables: se se xubilan seis profesores de dereito, non pode poñer seis de químicas", engade.
A CIG critica igualmente que a USC lle "ofreza a súa cabeza á Xunta" sen poñer en evidencia "as razóns de por que imos a este plan de axustes, precisamente pola política de recortes do Goberno galego". Alba Nogueira explica que "nos últimos tres anos perdemos 50 millóns de euros de financiamento e ademais fixemos un aforro de 30 millóns de euros, entre recortes salariais, supresión de pagas extra e renegociación de contratos". Porén, continúa, estas medidas non supuxeron a redución "nun só céntimo" da débeda, porque "a diferenza doutras administracións, o que aforra a universidade, non entra na nosa caixa". "A universidade ten que preocuparse por exteriorizar cales son os efectos dos recortes", destaca.
A CIG critica igualmente que a USC lle "ofreza a súa cabeza á Xunta" sen poñer en evidencia "as razóns de por que imos a este plan de axustes, precisamente pola política de recortes"Nogueira critica o que considera unha "política errática da Xunta" en materia de universidades, unha "falta de liña estratéxica". E alerta do efecto que estes recortes, o deficit de financiamento, e a non reposición de prazas poden ter no potencial investigador da USC e para o conxunto do tecido investigador galego: "O cadro de persoal das universidades galegas está moi envellecido, e o da USC moito máis, con moitos docentes nos 50 anos ou por riba desa idade. E está contrastado que o período vital de maior produción científica dáse entre os 30 e os 50 anos. O tecido investigador galego vaise ver moi afectado, tendo en conta o enorme peso que teñen nel as universidades públicas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario