Dez anos despois da aprobación do Plan Xeral de Normalización Lingüística por unanimidade no Parlamento, a Mesa fai balance e identifica a Núñez Feijóo como principal “incumpridor” dun acordo que Fraga Iribarne se comprometeu a impulsar.
Cando hai dez anos se aproba por
unanimidade de todos os grupos do Parlamento o Plan Xeral de
Normalización Lingüística, o presidente da Xunta Manuel Fraga estampa no
prólogo do texto o seu compromiso a “impulsar toas e cada unha das
accións sinaladas”. Lembrouno o presidente da Mesa pola Normalización
Lingüística, Marcos Maceira, ao facer o informe avaliando o cumprimento
dos obxectivos do texto cando se cumpre o décimo aniversario da súa
aprobación, unha valoración na que destacou unha idea con contundencia:
Feijóo é o grande “incumpridor” do Plan que se aprobou tamén cos votos
do partido que preside.
Retomar o consenso e rectificar
“O nivel de incumprimento dos obxectivos e medidas do Plan é escandaloso”, din desde a MNL á vista, entre outros indicadores, das queixas que chegan cada día as súas portas. “O único partido galego que se desmarcou do PXNL ten que iniciar un proceso de reflexión e voltar ao acordo e ao consenso acadado en 2004. Núñez Feijóo rompeu a palabra dada polo PP en boca do seu presidente na altura, Manuel Fraga”, sinala Marcos Maceira para quen o actual presidente dedicouse nos últimos cinco anos a “desmantelar un por un os acordos en torno á lingua”, para o que non reparou, segundo anotan, en incumprir a propia lexislación existente. Reclaman retornar ao consenso de 2004 e rectificar a política institucional co PXNL na axenda.
A vindeira segunda feira, día 22 de setembro, é a data na que se fan dez anos da sesión parlamentaria na que se aprobou o Plan Xeral e a MNL valora agora que aquela “esperanza” quebrouse e é agora o propio PP quen ten que demostrar que aquel consenso non foi “un fraude” coa rectificación da súa política lingüística. “Ao non aplicar o PXNL, ao actuar en sentido contrario das medidas que estabelece está a causar graves prexuízos á lingua e á cidadanía galega, que fale ou non galego quere que o noso principal sinal de identidade continúe vivo”, anotan desde a asociación dedicada á promover a normalización da nosa lingua.
O balance destes anos? “Unha involución sen precedentes. Retroceso histórico no número de falantes, desaparición da lingua galega da Educación Infantil nas cidades, vulneración de dereitos lingüísticos e cidadáns en inferioridade de condicións das persoas galegofalantes no seu propio territorio”, responde Marcos Maceira.
O catálogo de queixas recibidas pola MNL evidencia un amplo abano de incumprimentos que van desde a atención sanitaria até a falta de programas informáticos, reclamacións que denuncian en especial o incumprimento continuo do goberno de Núñez Feijóo ao respecto do Plan de Normalización que o seu propio partido aprobou con el como vicepresidente. Pódese acceder ao informe nesta ligazón.

Ningún comentario:
Publicar un comentario