martes, 9 de setembro de 2014

6.000 nenos de 0 a 3 anos están sen praza na escola pública

A Xunta presumiu que a semana pasada que hai aínda mil vacantes nalgúns lugares, pero non informou das listas de espera noutros centros.

O grupo parlamentar de Alternativa galega de Esquerda (AGE) acusa á Xunta de Galicia de deixar fóra da etapa de 0 a 3 anos nas escolas infantís públicas a un total de 5.823 nenos e nenas. Trátase dun anuncio sorprendente, pois a semana  a Consellería de Benestar dixo que  no noso paí shai  sobres 1.000 prazas  para os máis cativos.
 
O deputado Ramón Vázquez destaca que “fronte ao discurso triunfalista do Goberno galego sobre o inicio de curso e as cifras disfrazadas aportadas pola Consellería de Benestar, a realidade é que milleiros de familias Galegas non poden acceder a unha praza nunha escola infantil da rede Galiña Azul”.
 
Os datos de AGE apuntan a que en total 5.823 nenos e nenas galegas de 0 a 3 anos quedaron sen praza nalgunha das 147  escolas infantís da rede  autonómica. Concretamente foron 2.742 rapaces os que non acadaron praza nas escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e 3081 os nenos e nenas que permanecen na lista de agarda das Escolas Infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
 
O feito de que a Consellería de Traballo e Benestar anuncie nos medios de comunicación a existencia de 1.000 vacantes na súa rede de escolas infantís, “non deixa de ser un intento mais por confundir a cidadanía en relación coa súa neglixente xestión”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario