martes, 2 de setembro de 2014

A volta ao 'cole' custará unha media de 838 euros este curso, segundo un estudo

O custo da volta ao 'cole' ascende a 838 euros de media para o curso 2014-15, o que representa un 2,07 por cento máis dende o inicio da crise (2007) e un 0,96 por cento máis que o curso anterior, segundo o portal de consumo e aforro 'kelisto.es', que sinala que esta suma de diñeiro representa o 3,09 por cento do gasto anual dos fogares (27.097 euros). En total, os españois destinarán 6.770 millóns de euros para volver ás aulas este curso.
O desembolso depende tamén do tipo de centro educativo e presenta grandes diferenzas entre centro público, nos que o custo aumentou un 6,67 por cento dende que comezou a crise e os privados, un 1,29 por cento máis mentres que nos concertados apenas hai diferencia.
En concreto, a volta ás aulas ten un custo medio de 560 euros por alumno (2,06 por cento do gasto anual familiar); de 780 euros para os concertados (2,87 por cento) e 1.175 euros nos privados (4,33 por cento).
Por comunidades autónomas, os fogares que rexistran o maior impacto sobre a economía familiar son os da Comunidade Valenciana (990 euros, o 4,02 por cento do gasto familiar); Cataluña (1.030 euros, o 3,51% do gasto familiar), Extremadura (1.030 euros, o 3,39%), Castela e León, (830 euros, o 3,34%), e Madrid (1.43 eruos, o 3,20%).
Pola contra, o impacto da volta ao cole representa 605 euros de media para La Rioja (2,29% do gasto anual familiar); 723 euros, o 2,77% en Galicia; 773 euros, o (2,80%) en Aragón; 943 euros, o 2,88% no País Vasco; e 790 euros, o 2,91% en Cantabria.
En canto ao tipo de ensino, a que máis se encareceu este curso é a de grao medio, cuxo custo de media é un 21,5 por cento superior a 2012. A esta séguelle bacharelato, cun 18,2 por cento de suba. Mentres, os conceptos que máis se abarataron foron os servizos de aloxamento por motivos de ensino (-24,4 por cento) e os libros de texto, excluídos os de educación superior, que baixaron un 7,29 por cento.
Non obstante, en comparación cos prezos de 2007, o curso anterior á crise, as ensinanzas que máis subiron son a de réxime especial de grao medio (66,8%) e a educación universitaria, cun 47%. Pola contra, as que máis reduciron o seu custo foron os libros de texto de educación superior, cun descenso do 35,8 por cento e os artigos de papelaría e pintura, un -12,5 por cento. . O número de alumnos que recibe bolsas no ensino obrigatorio caeu máis do 35%, nun contexto no que o 17% das familias ten dificultades para chegar a final de mes e o 41% non pode afrontar gastos imprevistos.
"En total, estes custos xerarán unha factura que superará os 6.770 millóns de euros a nivel nacional. Nun contexto no que o 16,9% dos fogares chega co fin de mes con moita dificultade e un 41% non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos, resulta esencial comparar as distintas ofertas que hai no mercado para recortar o gasto final que se destinará á volta ao cole", explicou a voceira de Finanzas Persoais de 'Kelisto.es', Estefanía González.

CASE UN 10% MENOS DE BOLSAS

O comparador de prezos reflicte tamén que o diñeiro destinado a bolsas e axudas descendeu en todas as administracións educativas no curso 2012-13 nun 9,2 por cento, ata os 1.957 millóns de euros respecto ao mesmo período anterior. Respecto aos beneficiarios, as ensinanzas obrigatorias, infantil e especial sufriron un descenso do 35,5 por cento (ata 1,09 millóns) e as postobrigatorias non universitarias baixaron un 4,5 por cento. Non obstante, esta contía creceu un 8,1 por cento nas ensinanzas universitarias.
O portal elaborou tamén unha serie de consellos, baseados na comparación de prezo, para afrontar dunha forma máis económica a volta ao cole.
Así, ten puntado que as mellores tendas para adquirir os libros o próximo curso son LeClerc e CasadeLibro.com, seguida por Amazon, Carrefour; O Corte Inglés, Eroski e FNAC.

FINANCIAMENTO

Por outro lado, o estudo fixo un ranking dos préstamos a tres meses para financiar a volta ao cole (850 euros) e apuntou como as opcións "máis atractivas", as facilidades de Banco CEISS; Kutxabank; Ibercaja; Banco Sabadell; BMN; Catalunya Caixa e Banco Santander.
Ademais, analizou os préstamos ao consumo para facilitar o pagamento da universidade ou de máster. En concreto, analizaron aspectos como o tipo de xuro nominal (TIN), o tipo de xuro efectivo a pagar (TAE), as comisións a aboar ao banco --as máis comúns son as de estudo, apertura e amortización ou cancelación anticipada--, o prazo de amortización e a cota mensual. Tamén haberá que ter en conta se a entidade non esixe unha vinculación extra para lograr mellores condicións ou se a oferta inclúe un período de carencia para aprazar a devolución do diñeiro.
Deste modo, concluíron que seis dos 10 grandes bancos españois teñen préstamos para estudos e aplican, de media, un interese nominal (TIN) do 5,62 por cento para préstamos destinados a diferentes gastos asociados á realización de estudos superiores.
Por exemplo, se se necesita un préstamo de 6.000 euros para a matrícula dun máster ou carreira, o TAE que se deberá aboar (TIN, máis todos os gastos do préstamo) estará en torno ao 10,92 por cento de media, polo que a rolda mensual será duns 630 euros e o importe que se pagará finalmente á entidade bancaria chegaría aos 6.300 euros.
A análise sinala que as opcións máis baratas son o 'Préstamo Matrícula Blue' e 'Préstamo Blue Erasmoo' de BBVA, que cobran unha TAE do 8,12%, co que ao final do prazo aboarás ao banco uns 6.225 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario