- O sindicato chama o resto de organizacións da escola pública a poñer data a unha nova folga este outono
- Entre xaneiro de 2012 e xullo de 2013 a educación pública non
universitaria perdeu 33.000 profesores mentres o número de alumnos se
incrementou en 55.000
Menos profesores, máis alumnos, ratios máis altas, recortes nas axudas ao estudo...
E, como explicación a esta situación, un contexto de "desinvestimento"
educativo que levará o gasto educativo a niveis de 1987 se o Executivo
cumpre a última promesa pactada con Bruxelas sobre redución do gasto
público. Este o resumo que fai o sindicato CCOO do novo curso escolar
que arranca esta semana coa novidade da implantación da reforma
educativa de 1º, 3º e 5º de Primaria e a inclusión da FP Básica. Segundo
datos deste sindicato os recursos destinados ao sector educativo
fóronse reducindo de forma paulatina dende 2010, cando se dedicaba a
este fin o 5,04% do PIB. En 2014 o investimento en educación será do
4,37% do total da riqueza nacional. Por todo iso, CCOO fixo este luns un
chamamento ao resto de organizacións da escola pública para poñer data a
unha nova folga xeral no sector para este outono. Un paro que, ao seu
xuízo, é "inevitable".
A realidade dos cifras, explicou en rolda de prensa o secretario xeral de Ensino de CCOO, Francisco García, evidencia a necesidade dun movemento de resposta da comunidade educativa. "A folga é inevitable. As cifras oficiais revelan a crise do sistema educativo, no que non garante a equidade. Non podemos deixar pasar isto por alto e irnos aos cuarteis de inverno cando as consecuencias da Lomce este curso van ser máis graves que no anterior", afirmou.
Segundo datos desta central sindical, a escola pública segue perdendo docentes ao tempo que gaña alumnos. Entre xaneiro de 2012 e xullo de 2013 a educación pública non universitaria perdeu preto de 33.000 profesores como resultado da taxa de reposición imposta polo Goberno (só se repoñen un de cada dez xubilados) e a non renovación de interinos. Ao mesmo tempo, o número de alumnos incrementáronse en torno a 55.000. Esta situación provoca que se reduzan apoios e clases de reforzo. E contrasta coa situación da privada que, segundo datos de CCOO, gañou 900 docentes con ao redor de 7.500 alumnos máis. A consecuencia de ambas as dúas circunstancias é o aumento no número de alumnos por aula que tivo especial incidencia nalgunhas etapas educativas. En Bacharelato, por exemplo, a ratio nos centros públicos pasou de 24,6 no curso 2008-2009 a 27,7 no 2012-2013. A evolución en Primaria foi menor, onde pasou de 19,8 a 20,5.
Pero o inicio deste curso escolar tamén será complicado para as familias, que viron como se recortaron de forma drástica as axudas para comprar libros de texto. De feito, o número de beneficiarios pasou de 788.923 no curso 2001-2002 a 398.781 no 2012-2013. Aínda que a nova norma entraña modificacións do currículo e na distribución das materias hai once autonomías -seis delas gobernadas polo PP- que recomendan aos centros que non fagan cambios nos manuais e pediron aos docentes que elaboren eles mesmos os contidos que sexan necesarios para axustarse á nova metodoloxía.

Ningún comentario:
Publicar un comentario