As librarías asociadas colaborarán achegando un 20% de produto a maiores en función do gasto que se realice nelas » La recadación real podería chegar aos 3.456 euros.
A iniciativa, tal e como explicou en rolda de prensa o presidente da Asociación de Empresarios de Deza, Antonio Lamas, foi proposta de forma persoal por empresarios pertencentes á sociedade. Unha vez aceptada, deuse aviso a todas os asociados ofrecéndolles a posibilidade de participar na campaña benéfica mediante achegas económicas de carácter voluntario. Lamas recoñeceu que a resposta por parte das empresas en canto a participación foi "boa" e "moi boa" no referido a fondos recadados.
O diñeiro obtido foi distribuído entre os concellos en función da domiciliación fiscal das empresas que colaboraron coa iniciativa. Deste modo, Lalín, ao contar coa maioría de asociados e coas empresas que fixeron maiores achegas económicas, recibiu 1.830 euros. Pola súa banda Dozón adxudicouse 300, Vila de Cruces 250, Silleda 200 e Agolada e Rodeiro 150 euros cada un. O diñeiro foi asignado en forma de vales de compra, que os servizos sociais de cada municipio se encargarán de manexar e repartir entre os beneficiarios que consideren oportuno. Unha vez comprado o material, reportaranlle as facturas a AED, que se encargará de realizar os pagamentos.
A entrega de vales fíxose onte de forma persoal por parte de Antonio Lamas aos representantes dos concellos que acudiron ata a sede da Asociación de Empresarios do Deza. Por parte do Concello de Lalín recibiuno a concelleira de Servizos Sociais, Paz Pérez. Por Agolada o alcalde en funcións, Héctor Martínez e por parte de Rodeiro a súa homóloga Cati Somoza. O vale de Silleda recolleuno o alcalde Manuel Cuíña, quen agradeceu en nome de todos os silledenses a colaboración das empresas. Non acudiron á cita coa AED nin representantes de Vila de Cruces nin de Dozón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario