O secretario xeral da Federación de Ensino
de CC.OO (FE-CC.OO), Francisco García, anunciou este luns unha folga
xeral de ensino "inevitable" este outono contra a Lei Orgánica para a
Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) e ante a "crise" do sistema
educativo, que, segundo dixo, se desangra" ante a "caída do
investimento, o aumento dos alumnos e a redución dos profesores".
"A folga é inevitable. As cifras oficiais revelan a crise do
sistema educativo, no que non garante a equidade. Non podemos deixar
pasar isto por alto e irnos aos cuarteis de inverno cando as
consecuencias e a LOMCE este curso van ser máis graves que no anterior",
afirmou García nunha rolda de prensa.O secretario xeral de FE-CC.OO adiantou que trasladará ás organizacións de pais, alumnos e sindicatos de ensino a súa proposta de paro e mobilizacións para o inicio deste curso co obxectivo de buscar máis apoios e pechar unha data. Tampouco descarta que poida coincidir cun dos tres días convocados polo Sindicato de Estudantes - -21,22 e 23 de outubro--, como xa se fixo en anteriores ocasións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario