luns, 22 de setembro de 2014

Catro centros educativos galegos reciben Premios Nacionais de Educación

Desenvolvemento de competencias audiovisuais, uso de tecnoloxía, personalización da aprendizaxe ou impulso da creatividade son algunhas das modalidades nas que se impuxeron os centros escolares galegos a outros centros de todo o Estado.

A educación pública está no seu peor momento con recortes en materiais, comedores e profesores e, aínda así, os centros educativos galegos seguen estando a vangarda do Estado en moitas competencias. Unha situación na que ten que ver, e moito, a implicación de profesores, pais e alumnos.
 
Por iso, non estraña que ente a máis de ducia de galardóns entregados nos Premios Nacionais de Educación no ensino non universitario para o ano 2013, que entrega o Goberno español, haxa catro centros do país en modalidades tan diferentes como o Desenvolvemento de competencias audiovisuais, uso de tecnoloxía, personalización da aprendizaxe ou impulso da creatividade.
 
A finalidade destes premios é o recoñecemento ao labor e traxectoria educativa así como aos proxectos educativos que contribúen á mellora da calidade da educación distinguindo as seguintes categorías, diferenciadas en función dos destinatarios destes premios: centros docentes, carreira académica de investigación e innovación educativa, entidades para a promoción educativa e equipos docentes.
 
Así, nos Premios Nacionales al Desarrollo de Competencias de Lectoescritura y Audiovisuales foi premiado na Modalidad A o CEIP Frian-Teis, de Vigo, co proxecto “A lingua sabe a pan”. Nos de Uso de Tecnologías Aplicadas a la Educación, na Modalidad B o galardón foi para o I.E.S. de Ames co proxecto “Os petroglifos de Ames”.
 
Tamén os equipos de docentes foron evaluados e dous galegos obtiveron premio. Foron o do I.E.S. Sánchez Cantón, de Pontevedra, que foi Premio para el uso de las TIC como apoyo a la personalización del aprendizaje en educación secundaria co proxecto “m-TIC. Programando aplicaciones con APP INVENTOR”.
 
Finalmente, o Premio para el uso de las TIC como apoyo al desarrollo de la creatividad y el emprendimiento de los alumnos en educación secundaria recaeu no proxecto “Productores de cine”, presentado por un equipo docente do colexio Internacional SEK Atlántico de Poio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario