Repasou en rolda de prensa as carencias do sistema educativo.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou este luns 8 de setembro en rolda de prensa que iniciará as mobilizacións cunha concentración o 16 de setembro en Pereiro de Aguiar coincidindo co a inauguración oficial do curso no colexio Ben-Cho-Shey. A PGDEP repasou nesta rolda de prensa as carencias do sistema educativo, moitas delas endémicas e que non son atendidas pola Consellaría de Educación. O abandono, o desmantelamento e o decrecemento da calidade no ensino público contrasta -denuncia a Plataforma- coa potenciación que se fai do ensino privado concertado, incluso subvencionando centros que segregan alumnado por sexo.
A PGDEP denunciou que para este curso se suprimen 63 unidades e
que haberá 6 escolas menos mentres a Consellaría concerta 79 unidades
novas no ensino privado, moitas delas en formación profesional básica.
“As restricións de docentes e as consecuentes peticións de profesorado
son unha loita permanente que non é atendida”, denuncia Anxo Louzao,
integrante da Plataforma, que puxo o exemplo do CPI Camiño de Santiago e
da Escola Superior de Arte Dramático de Vigo.
Os recortes tamén se concretan no incremento dos agrupamentos de alumnado e a masificación de aulas, como por exemplo no CEIP Maciñeira (Neda) no que xuntan dez alumnos/as de 1º de primaria con doce de 2º curso. “Temos constancia tamén de que non se cumpre co lexislado nos cadros de persoal de infantil e primaria, con denuncias fundamentalmente na zona de Pontevedra”, engadiu Louzao que puxo o exemplo do CPI Suárez Marquier do Rosal no que a comunidade educativa xa anunciou mobilizacións.
A isto súmanse os recortes en atención á diversidade xa que a Consellaría reduce o profesorado con contratos a tempo total de Pedagoxía Terapeútica, Audición e Linguaxe e Orientación ao suprimir prazas e contratar docentes itinerantes que teñen que compartir docencia en varios centros, o que vai impedir atender adecuadamente ao alumnado. É o caso do centro Afonso Castelao de Rianxo.Louzao tamén fixo público que “a Inspección Xefe da Coruña, incumprindo a lei, ten dado orde de que se incrementen as rateos nun 10% por riba de 25 alumnos/as, en educación infantil e por riba de 30, en educación infantil, para non facer desdobres” . O tamén integrante da PGDEP, Cosme Pombo, insistiu na perda de máis de 3000 prazas de docentes nos últimos anos polas raquíticas ofertas de emprego público convocadas e porque nin sequera se cubre o 100% das xubilacións.
A estas incidencias súmase a existencia de obras sen rematar nos centros ou que non se realizaron. A PGDEP denuncia incidencias graves en centros de nova creación, como o IES de Sigüeiro, no que a Consellaría de Educación non se fai cargo do comedor ou en Betanzos no que o novo centro se adscribe ao que xa existía.
“Seguiremos loitando po ter oportunidades para estudar”, dixo a estudante Antía Baldeiro, da PGDEP, que criticou con dureza que se manteñan os concertos que segregan alumnado por sexo e a redución de prazas públicas que se produce no ensino público coa supresión dos PCPI e a posta en marcha da formación profesional básica. Por parte das familias Elvira Lombao subliñou que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público seguirá esixindo a posta en marcha dun sistema de gratuidade de libros de texto baseado no préstamo e que a Consellaría de Educación se faga cargo dos servizos de comedor e actividades extraescolares, para garantir o acceso de todo o alumnado e non só o de aquelas familias que o poden pagar.
A falta de medios e recursos coincide coa aplicación da LOMCE que vai incrementar as desigualdades, a privatización do ensino, a súa confesionalidade, españolización e a liquidación da xestión democrática dos centros. O lóxico sería que neste curso non se aplicara a LOMCE defende a PGDEP que critica a vasalaxe do Goberno galego ao Ministerio e que lembra a “chapuza” realizada pola Consellaría de Educación ao publicar os currículos de Primaria en agosto sen ter sido ditaminados polo Consello Escolar de Galiza.
A Plataforma advertiu ademais que a inauguración oficial do curso vai ser nun centro, o Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar, ao que se lle negou nos últimos anos a creación dunha unidade namentres se manteñen dous centos concertados na mesma localidade. A concentración do próximo 16 de setembro nesta localidade ten como obxectivo visualizar as carencias do sistema educativo e será a primeira das mobilizacións coas que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público continuará loitando neste novo curso contra a LOMCE e os recortes.
Na rolda de prensa estiveron presentes Carme Vilariño da AS-PG, Anxo Louzao da CIG-Ensino, Cosme Eladio Pombo do BNG, Brais Fortes dos Comités, Antía Balseiro de Agir e Elvira Lombao da Federación Provincial de ANPA de Lugo (FAPACEL). A Plataforma esta integrada tamén pola Liga Estudantil Galega, Federación de ANPA de Compostela, Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Sindicato de Estudantes, Galiza Nova e a Federación de ANPA de Ponteareas (FANPO).

Ningún comentario:
Publicar un comentario