O 1 de setembro cúmprese o 10º aniversario da aprobación do PXNL.
Prolingua fai un chamamento a conmemorar o vindeiro 21 de setembro o décimo aniversario da aprobación por unanimidade no Parlamento do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Queren desde a plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega que a conmemoración sexa con “sentido crítico e reivindicativo” xa que, ao seu ver nestes dez anos non se aproveitaron as súas potencialidades e o galego segue a recuar.Pola súa banda, a Mesa pola Normalización Lingüística presentará nos próximos días unha análise dos incumprimentos do plan a través das denuncias presentadas en cada unha das súas áreas e recibidas por parte da asociación de defensa da lingua. Aproveitarán tamén a data para reclamar das institucións, nomeadamente da Xunta, o cumprimento do Plan.
Prolingua valora que, logo de iniciativas “positivas e esperanzadoras do 2009”, o goberno do PP supuxo “retrocesos lexislativos e desmantelamento do o galego en ámbitos como o educativo e o administrativos”, o que levan ao noso idioma a unha “situación de emerxencia”. “O goberno debe asumir o plan que todos os grupos políticos, incluído o PP, aprobaron no Parlamento hai dez anos e adoptar as medidas axeitadas para a plena normalización do galego”, sinalan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario