mércores, 17 de setembro de 2014

Defensa do ensino galego e público e rexeitamento da monarquía española danse a man en Pereiro

Felipe VI inaugurou o curso escolar nun colexio rodeado de forzas e medidas de seguridade. Apupos aos Borbóns e faixas e berros contra os recortes no ensino.
VÍDEO.

´Ben-cho-Sey´era nacionalista galego e republicano mais un monarca español estivo nesta terza feira nun centro que leva o seu nome para inaugurar o curso escolar. Felipe VI, que leva as fillas a un centro de ensino privado, oficiou como mestre de cerimonias nun colexio público do rural galego. Unha frase esta (colexio público rural galego) que reúne todos os alicientes para defininir onde se cebaron nestes anos as tesoiras para recortes e retalladas.
O alumnado tivo que pasar por controis de seguridade. E a Garda Civil retivo a 30 persoas a 2 Km do colexio para que non asistisen á cocnentración
Numerosas persoas concentráronse desde antes do mediodía nos accesos ao colexio para defender o ensino público e galego e para rexeitar a monarquía española. A concentración da Plataforma Galega de Defensa polo Ensino Público quería evidenciar ante Felipe VI a asfixia á que a Xunta somete a educación pública e como beneficia á privada, así como pedir a retirada da LOMCE.
A Garda Civil, segundo confirmou a CIG, retivo a 2 Km do colexio a un grupo de persoas para que non asistisen á concentración da PGDEP. Mais outras puideron pasar e estiveron a pé do centro de ensino.Entre os lemas máis coreados: "Os cartos dos Borbóns para Educación" e "Que ensinan os Borbóns? fascismo e corrupción".
As aulas interrumpíronse a media mañá para que o alumnado e profesorado asistisen á inauguración 'real' do curso escolar. Antes, a primeira hora da mañá, as e os escolares tiveron que acceder a este centro de Pereiro de Aguiar atravesando fortes controis de seguridade.
CIG-Ensino denuncia a "hipocrisía" do acto perante o "desmantelamento" do ensino público artellado desde Madrid e a Xunta
Carencias do centro
Os monarcas españois estiveron acompañados polo ministro José Ignacio Wert e o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, entre outros. No percorrido polo centro, unha representación de pais e nais de alumn@s entregou á raíña Letizia dúas cartas. Unha para agradecer a visita, outra para relatarlle as carencias do centro. Un neno, segundo recolle a Radio Galega, pronunciouse claro sobre a visita dos Reis: "Eu son máis de Papá Noel".


Ningún comentario:

Publicar un comentario