INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
mércores, 10 de setembro de 2014
Comeza hoxe o curso para 200.000 nenos entre críticas pola Lomce
Xusto un día antes de que máis de 200.000 nenos de tres a doce anos inicien as clases, o DOG
publicaba onte o decreto de primaria, que se aplica este curso en
primeiro, terceiro e quinto de primaria desenvolvendo a Lomce. Unha das
críticas dos sindicatos foi precisamente a improvisación e as présas
para aplicar esta lei, aínda que a Xunta matiza que a comunidade escolar
ten este texto dende hai catro meses. As acusacións de falta de diálogo
levaron ao sindicato CC.OO. a rexeitar o convite oficial para
participar na inauguración oficial do curso que realizarán os reis o día
16 en Pereiro de Aguiar. A volta ás aulas levará esta mañá a máis de
200.000 nenos a un millar de colexios diferentes.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario