A CIG-Ensino repudia a actitude da Xefatura Territorial que responde á ANPA e ao profesorado desde a web da Xunta e manipula os datos.
A CIG-Ensino expresa o seu apoio ao CPI
Suárez Marquier no Rosal que onte iniciou un peche indefinido de
profesorado e dos pais e nais en demanda do cumprimento da Orde do 12 de
agosto do 2010 pola que se establece o número de unidades e postos de
traballo docentes en educación infantil, primaria e educación especial.
Esta Orde prescribe que os centros de educación primaria
contarán cun segundo profesor de Educación Física cando teñan 10 ou máis
unidades e ese é o caso do CPI Suárez Marquier, polo que lle
corresponde este segundo profesor de Educación Física. O pasado mes de
agosto, publicouse unha modificación dos catálogos de profesorado dos
centros, sen que se realizase ningunha modificación neste centro do
Rosal, polo que, a Administración, á que a CIG-Ensino viña reclamando
esta praza desde o mes de maio, entendeu que o centro precisa ese
profesorado que se lle asigna por Orde publicada no DOG. Por outro lado o
profesorado que teñen outros centros co mesmo número de unidades.
Mais se o feito de que a norma legal recolla que un centro coma este debe contar con ese profesorado non é suficiente, aínda se pode engadir que ese profesor que aínda non chegou ao centro sería o titor dun curso de primaria e que o centro ten sete aulas con 24 alumnos/as (a ratio máxima, fixada en 25 alumnos por aula) contándose entre eles nenos e nenas con necesidades educativas específicas que fan necesaria a presenza dun profesor de apoio na aula, profesor que, se a Administración non cumpre a lei, non poderá realizar eses apoios coa consecuente incidencia na calidade do ensino recibido polo alumnado. A maiores sería difícil realizar outras funcións como as substitucións do profesorado que puider faltar.Todas estas necesidades foron postas de manifesto onte no centro nunha reunión cos pais e nais ao finalizar a cal a Comunidade Educativa do Suárez Marquier acordou iniciar un peche indefinido.
Mentiras e manipulación desde a Xefatura Territorial:
A CIG-Ensino repudia a actitude do xefe territorial de Pontevedra, Pérez Ares, de quen xa denunciou a pasada semana a súa actitude neglixente e de abandono de funcións, pois desde o día 1 de setembro a CIG-Ensino trasladou este problema e a conseguinte petición de cumprimento da Orde de catálogos, sen que o xefe territorial atendese os representantes sindicais até o día 9, de xeito e maneira que até ese día os centros non tiveron resposta ás súas demandas.
Nesa reunión, o xefe territorial chegou aceptar que habería unha reunión coa directora do centro e o inspector para falar da dotación dese profesor que faltaba no Suárez Marquier, modificando o perfil da praza, mais no día de onte, xa iniciado o curso, o centro o único que soubo é que se colocara unha noticia no portal web da Consellaría en que se lles negaba esa praza e se manipulaban os datos do centro, publicitando interesadamente as dúas aulas con menos alumnado para mentir e dicir que o centro ten unhas ratios moi baixas, cando a maioría das aulas teñen 24 alumnos/as entre os que se contan repetidores e nenos ou nenas con necesidades educativas específicas.
Esta actitude só pode ser cualificada de manipuladora e soberbia, ademais de ser un ataque de autoritarismo que despreza os órganos de negociación e o profesorado e os seus representantes, dando un paso atrás sobre a información trasladada na reunión coa Permanente de Xunta de Persoal en que manifestou que habería unha reunión para falar da necesidade e do perfil dese profesor ou profesora.
A CIG-Ensino denuncia a actitude desta Administración e manifesta que apoia o centro na súa lexítima reivindicación e que estudará e levará a cabo cantas medidas sexan oportunas e necesarias para reclamar o cumprimento da Orde de catálogos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario