mércores, 10 de setembro de 2014

O PP rexeita no Parlamento cumprir a Lei de Normalización Lingüística no ensino

Os populares votaron en contra dunha moción nacionalista na que se pedía medidas para garantir que o alumnado teña competencia en galego.

Os do Non. O PP volveu votar non a unha petición feita en sede parlamentar para que o galego non pase ser residual no ensino de Galiza. Desta volta a moción fora presentada polo BNG e demandaba que se garantise o remate dos ciclos no que o ensino do galego é obrigatorio e que o alumado acceda ao seu coñecemento oral e escrito en igualdade co español.
@s nacionalistas instaron á Xunta a cumprir o estabelecido na Lei de Normalización Lingüística no que atinxe a garantía, por parte das autoridades educativas de Galiza no ensino infantil cunha oferta educativa en galego en preescolar (0-3 anos), na educación infantil para todos os nenos e nenas galegofalantes, fixar un terzo do horario semanal en galego para os contornos nos que a lingua predominante sexa o castelán,fomentar a lectura e escritura en galego, e no ensino obrigatorio garantir que o alumnado reciba o 50% en idioma galego fomentándoo nas materias troncais como as matemáticas. Desde o PP dixeron non.
Para a deputada Ana Pontón, a actual situación da lingua galega non é “normal nin natural” e o goberno en troques de loitar contra esta discriminación a incrementa e perpetua . Neste sentido, a parlamentar afirmou que Feijóo fai un “escrache” a lingua galega cunha ameaza de morte no sistema educativo, unha política, engadiu, que consideramos “infame” e que converte a quen a aplica en “desertores”.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario