Microsoft continúa a achegar o seu software ofimático a
estudantes de todo o mundo, e tras lanzar para numerosas institucións
educativas un programa para que alumnos e profesores poidan gozar de Office 365 ProPlus
ou Office Professional Plus sen custo, agora anuncia
unha evolución deste programa Student
Advantage, de xeito que ofrecerán Office
365 de balde para estudantes de a partires de 13 anos que gocen cun
enderezo de correo electrónico da súa institución educativa.
Os alumnos que opten por esta promoción que chega hoxe a EE.UU. e que ao longo
do ano espallarase polo resto do mundo poderán gozar das últimas versión das
aplicacións Word, Excel, PowerPoint, OneNote, Outlook, Access e Publisher, que
poderán instalar en até 5 equipos informático, podendo gozar tamén destas
ferramentas en dispositivos móbiles (incluíndo tablets con Windows e o iPad),
contarán con 1 Tb de almacenamento en liña en OneDrive e tamén poderán facer
uso de Office Online.
Esta oferta estará dispoñible para todas as institucións educativas que
adquirisen a versión corporativa de Office para os seus traballadores a través
do programa de licenzas por volume de Microsoft.
Ningún comentario:
Publicar un comentario