Feijóo di que será o conselleiro de Educación quen fale da situación no Parlamento pero recoñece que é preciso “subir do 10% de capacidade máxima de contratación”.
CCOO denuncia un "novo ataque" do PP contra os empregados públicos
O Goberno da Xunta comeza este curso coa intención de adaptar a Lonce
ao marco galego. A Consellería de Educación quere dar os primeiros pasos
coa nova FP básica e en Primaria. Aumentaranse as prazas para o
alumnado e tamén as horas de matemáticas e libre configuración, pero o número de profesores serán os mesmo que os do curso pasado.
“O cadro de profesores será moi similar ao do anterior curso
académico”, dixo o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, ao ser
preguntado por GC sobre a situación dos docentes na rolda de prensa
posterior ao Consello da Xunta. É dicir, que haberá novas modalidades
educativas, máis horas de determinadas materias, pero o persoal docente
será o mesmo.
Precisamente, estes días os distintos sindicatos denuncian, ante o inicio de curso escolar, a degradación do ensino público co aumento de profesores interinos en detrimento dunha plantel consolidado de docentes. Unhas críticas que Feijóo quiro sortear. Será, dixo, o titular de Educación, Jesús Vázquez, quen dea conta no Parlamento desta situación unha vez que se inicie o curso “e se realicen as contratacións requiridas”.
En todo caso, quixo deixar claro que, sobre novas ofertas de emprego en Educación, é preciso "subir do 10% de capacidade máxima de contratación"
no ámbito da docencia, aínda que durante un tempo o límite de
reposición regulado polo Goberno era "razoable", "Veremos en todo caso
na regulación básica que é o que autoriza o Goberno central", resolveu.
Durante a súa intervención, Feijóo suliñou que Galicia implantará a
nova FP básica para dar saída a alumnos de entre 15 e 17 anos que non
sexan quen de rematar a ESO. “Se rematan este ciclo terán títulos
homologables aos da ESO e poderán continuar outros estudos”, dixo. Será
un programa específico que contará con 4.200 prazas máis e
un aumento dun 16% do profesorado. Sen embargo, non dixo, tras ser
preguntado, como será este profesorado. Preguntado ao respecto sinalou
que facilitan máis prazas para alumnos porque "hai capacidade docente
instalada" nas aulas para poder dar este paso.
Máis matemáticas
Por outra banda, o presidente galego tamén se referiu que haberá
modificacións en Primaria, cunhha nova distribución do horario lectivo.
Neste novo marco, haberá dúas horas máis para as matemáticas.
O obxectivo é mellorar as estatísticas europeas nas que Galicia, xunto
co resto das autonomías, figura á cola en habilidades e coñecementos
nesta materia. Tamén se habilitarán dúas horas de libre configuración,
que serán definidas pola comunidade docente, ben en idiomas, ciencias ou
outras materias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario