O programa Gratuidade Solidaria exclúe este ano o material dos nenos con necesidades especiais e só abrangue os libros de textoTan só hai unha excepción para que estes nenos si reciban axuda para o seu material escolar en calquera colexio público: no caso de que o alumno ou alumna teña recoñecido un grao de discapacidade do 65% ou máis, algo que é minoritario e que deixaría sen subvención a milleiros de rapaces no país.
Tal e como lembra a Federación Galega de Institución para a síndrome de Down, a Consellería de Educación recortou esta axuda eliminando o material escolar, os caderniños de exercicios obrigatorios e os caderniños de material adaptado, que "son precisamente os recursos que utilizan os alumnos e alumnas con dificultades cognitivas". As mesmas críticas xorden da asociación Por Dereito (para a integración das persoas con autismo) ou dos colectivos de pais de nenos con necesidades educativas especiais, que sofren o mesmo problema.
A Xunta defende que debe foemntar o préstamo ou uso de materiais reutilizables e lembra que nos centros de educación especial hai subvencións directas ás familiasA Xunta deféndese asegurando que o que fai é fomentar o préstamo ou uso de materiais reutilizables e que esa é a razón de que só se subvencione a compra de libros que poidan acabar formando parte dun banco de préstamo. Os pais dos nenos con necesidades educativas especiais reivindican o dereito a recibir as axudas e a que os seus fillos acudan en igualdade de condicións aos centros educativos. Porque a Consellería de Educación advirte de que estes cativos con necesidade especial poden empregar libros de cursos anteriores no caso de estar integrados en primaria e secundaria, pero aclara que de estar en centros de educación especial, recibirían unha subvención directa de 250 euros e sen condicións.
Os pais afectados cren que o PP aproveita a lei Wert para fomentar a "segregación" dos seus fillos en centros especiaisE aí salta a alarma dos pais, que cren que o problema da Xunta non é económico, senón ideolóxico. Denuncian que a intención é, ao abeiro da nova lei Wert, "segregar" estes nenos, forzando as familias a que accedan a matriculalos en centros de educación especial. Así llelo manifestaron as familias afectadas á oposición parlamentaria (PSdeG, AGE e BNG), que coincidiron en levar esta problemática ao Parlamento.
As familias afectadas denuncian o intento de "segregar" e "excluír" por parte do Goberno do PP, que estaría empregando esta nova normativa de axudas para fomentar a entrada de nenos con necesidades especiais en centros illados e propios, sen posibilidade de mesturarse co resto da sociedade en calquera colexio público. O seguinte paso das asociacións, ante as reticencias dos populares a escoitar as súas reivindicacións, será presentar unha denuncia conxunto no Valedor do Pobo, convencidos como están da discriminación que supón este cambio normativo nas subvencións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario