O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo
presenta unha nova edición do programa "No verán… un conto", que se
desenvolverá entre o 1 de xullo e o 5 de setembro de 2015 co obxectivo
de difundir o patrimonio oral da comunidade a través de actividades
lúdicas.
O programa inclúe, entre outras actividades, contadas,
monicreques, obradoiros, contos escenificados, regueifa e rap. Para
coñecer a programación completa, preme aquí.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario