luns, 27 de xullo de 2015

Un Congreso de Lingüística Histórica reúne a 400 investigadores de Galicia, Brasil e Portugal

Renderá homenaxe aos fundadores do Instituto da Lingua Galega e catedráticos da USC Ramón Lorenzo e Antón Santamarina.

Un total de 400 investigadores dos distintos ámbitos da lingüística portuguesa e galega pertencentes ao tres universidades galegas, así como a outras institucións de Portugal e Brasil, daranse cita no III Congreso Internacional de Lingüística Histórica.
 
Esta cita, que terá lugar do 27 ao 30 de xullo, na Universidade de Santiago de Compostela, renderá homenaxe aos fundadores do Instituto da Lingua Galega e catedráticos da USC Ramón Lorenzo e Antón Santamarina.
 
O reitor da USC, Juan Viaño, presidirá este lunas a inauguración oficial deste congreso internacional, que chega a Santiago despois das dúas primeiras edicións celebradas en Salvador de Baía (2009) e Sao Paulo (2012).
 
Estruturado en catro conferencias plenarias e distintos cursos monográficos e simposios específicos, durante os que os convidados presentarán as súas respectivas comunicacións, o congreso inclúe a celebración das distintas mesas de traballo programadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario