UN DOS EFECTOS DA CRISE
O 47,6% d@s galeg@s entre 25 e 34 anos
viven na casa coa súa familia, unha porcentaxe que no Estado español é
do 37% e en Europa do 30%.
A metade d@s galeg@s que teñen entre 25 e 34 anos de idade -'moz@s adult@s'- vive cos seus país. Estamos a falar de 107.000 xóvenes, o 47,6 por cento do total das persoas que posúen entre 25 e 34 anos. Unha porcentaxe que supera amplamente a media do Estado español, onde viven en casa coas súas familias 'só' o 37,2 por cento das persoas que teñen o tramo de idade antes mencionado. Galiza supera en 10 puntos a media española, dado que indica as dificultades da maioría da mocidade galega para se independizar. En Portugal a porcentaxe é o 46%, moi semellante á de Galiza.
Mais a fenda é máis grande se a comparamos coa media europea. No continente, a media de persoas entre 25 e 34 anos que viven cos seus pais é do 30% -porcentaxe que varía sensibelmente segundo os estados-, 17 puntos por baixo do que acontece en Galiza. Se no noso país só 5 de cada dez moz@s viven fóra do fogar familiar, en Europa son sete de cada dez.
De feito, se computamos Galiza entre os dados e cifras dos 30 estados europeos analizados nas estatísticas europeas, vemos que só 6 países presentan peores procentaxes que o noso país. Por contra, en 24 estados europeos a mocidade ten un índice de independencia maior que a mocidade galega. O país onde máis 'moz@s adult@s' viven no fogar cos seus proxenitores é Croacia, cun 58,9%; seguido de Eslovaquia (57,1%) e de Grecia (52%).
No outro extremo está Dinamarca, onde só o 1,8% d@s moz@s con idade entre os 25 e 34 anos viven cos seus pais; ou Suecia, Noruega e Finlandia, onde está por baixo do 5%. En Francia anda no 11% e no Reino Unido por volta do 15%. En Alemaña o 17% d@s 'moz@s adult@s' viven cos seus pais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario