Convocadas pola Mesa pola Normalización Lingüística, un cento de persoas concentráronse hoxe en resposta e desagravio á humillación que por falar galego que sufríu unha rapariga de 10 anos no Centro Hípico Casas Novas de Arteixo cando acudía a un campamento.
Da Mesa pola Normalización Lingüísitica queremos agradecer e destacar
a valentía da rapariga e da súa familia por teren dado o paso de
denunciar un feito que lamentábelmente non é puntual nin isolado no noso
país nin nos campamentos de verán, aínda que si o sexan as denuncias
públicas.
A resposta social, especialmente a través das redes sociais, foi
ampla e de total solidariedade e identificación coa nena e a súa
familia.
Exiximos que, agora, a administración actúe para que, por fin, este
sexa o último caso de desprezo e humillación por falar galego en Galiza.
Non queremos ser estranxeiras na nosa patria. Falamos galego e temos
dereitos. Queremos vivir en galego con toda normalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario