O vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa da
Universidade de Santiago de Compostela, Roberto López López, acompañado
pola concelleira de APAC Lara Rodríguez, presentou onte no Museo Ramón
María Aller os estudos que ofrece o centro para o próximo curso
académico 2015-16. No anterior período 2014-15 o volume de alumnos
orixinarios das comarcas de Deza e Tabeirós-Montes que elixiron esta
universidade foi de 840 alumnos. Da zona de Deza procedían 512 persoas
repartidas entre os campus de Lugo (62) e Santiago (450). En canto aos
de Tabeirós-Montes estes roldarían os 328, 308, nas facultades de
Santiago estudaron 308 e 20 nas de Lugo. Desde a USC prevén que estas
cifras se manteñan para o contiguo curso. En total durante a pasada
etapa lectiva a universidade contabilizou 6.441 estudantes entre graos,
másteres e doutoramentos. Dos cales o 60% son mulleres e os 40% homes,
"a taxa de éxito adoita ser mellor no caso das alumnas", argüe López.
A
"novidade máis importante" do organismo académico para este ano é a
aposta por oito dobres graos como Bioloxía - Química, Comunicación
Audiovisual - Xornalismo ou Dereito - Relacións Laborais e Recursos
Humanos. "O que se quere con estes programas é reter o talento e
facilitar o itenerario e a competitividade entre as dúas titulacións",
apunta Roberto López. A duración para estas propostas formativas sitúase
entre os 5 e os 6 anos. Ademais, a USC engade á súa lista de másteres
outros dous: Historia Moderna: Monarquía de España, Séculos XVI-XVIII e
Tecnoloxías e Análises de Datos Masivo: Big Data.
Con respecto ao
tres títulos propios que oferta a universidade que non contan co
distintivo de "título oficial" , López sinala que están "pendentes" de
que a Xunta de Galicia recoñézaos como tales: "O Diploma Superior en
Criminología da USC é o único de España, xunto con outro da Universidade
de Oviedo, que non é oficial". En canto ás taxas de matrícula
manteranse sen cambios con respecto ao ano anterior, aínda que López
pide "unha política de bolsas mellor xestionada".
A substitución xeracional
Así
mesmo, durante a rolda de prensa, o vicerreitor de Oferta Docente e
Innovación Educativa chamou a atención sobre a problemática da
substitución xeracional na investigación e a necesidade de "atraer bos
expedientes" para a universidade. O período de inscrición abriuse onte e
poderase prolongar ata outubro segundo a demanda de cada titulación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario