A Fundación Rosalía de Castro celebrará este mércores, 15 de xullo, o
130 aniversario do falecemento da poeta (1858-1885) con música a cargo
do compositor Fran Pérez ‘Narf’, recitais de poesía e conferencias, na
casa museo da autora de ‘Cantares Galegos’ en Padrón (A Coruña) ás 20,00
horas.
O acto acollerá varios temas do álbum ‘Nas tardes escuras’, con
letras de Rosalía, do cantante coñecido como Narf, segundo informou a
fundación.
Tamén estarán presentes 11 mulleres, entre as cales sete son
gañadoras do Concurso Escolar de Poesía, como Marcela Porto, Sara
Norniella e Fátima Barros; e catro son poetas consolidadas: Antía Otero,
Oriana Méndez, Luz Pozo e a experta americana Kathleen March.
A través de conferencias, a escritora Mercedes Queixas recordará á
poeta María do Carme Kruckenberg, recentemente falecida, e o director do
Museo de Pontevedra, Carlos Valle, disertará sobre Filgueira Valverde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario