Marcos Maceira: “É importante acordarmos un calendario común cos partidos asinantes para adoptar as medidas concretas ás que fai mención a Declaración, comezando polas contempladas no PXNLG”.
A Mesa pola Normalización Lingüística presentou as medidas que iniciará no vindeiro trimestre para concretar o asinado o 15 de xullo na 'Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega' pola maioría dos partidos que actúan en Galiza. Un documento no que estas forzas se comprometían a pular por unha nova política lingüística "estábel e duradeira" que teña como "verdadeira finalidade normalizar o uso da lingua propia do país".O presidente da MNL, Marcos Maceira, agradeceu as mostras de apoio á iniciativa da Mesa , valorándoas valorou como froito "do amplo apoio social e da unidade do pobo galego en torno á súa lingua". Maceira lembrou que na declaración asinada o 15X situouse o acordo nos termos mínimos establecidos polo PXNLG, que os asinantes asumiron como punto de partida. Así, as principais liñas da declaración son o recoñecemento da lingua galega como grande obra colectiva do pobo galego e garantía de futuro e de existencia digna e próspera. "Recoñécese a o preocupante retroceso social da lingua nos últimos anos e a necesidade de abrir unha nova etapa de normalidade, coa implicación de todos os sectores, e que é necesaria unha nova política lingüística que garanta o dereito a vivirmos en galego, e conseguirmos verdadeira igualdade e oficialidade real".
O presidente da Mesa anunciou que de cara ao próximo trimestre a Mesa impulsará varias iniciativas: Solicitar a todos os concellos e deputacións que asuman nos plenos de setembro a Declaración de unidade; estabelecer un calendario de común acordo cos partidos asinantes para adoptar as medidas concretas ás que fai mención a Declaración, entre outras.
Neste sentido, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, sinalou que a Declaración foi un primeiro paso para "sentar as bases da nova política lingüística a partir do establecido na LNL, no PXNLG e lexislación internacional".
Para avanzar nese camiño asegurou que cómpre agora retirar todos os obstáculos que impiden concretar a nova e verdadeira política lingüística: comezando pola reforma da Lei da función pública e Decreto de plurilingüísmo, opostas ao que di o Plan e que foron contestadas na rúa coas maiores mobilizacións sociais dos últimos anos en Galiza. “Precisamos un novo decreto para o ensino, sobre a base o PXNLG e feito con acordo amplo.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario