O Portal de
Interoperabilidade pasaXe! incorporou os días pasados tres novos
documentos. Trátase
do certificado galego de asimilación á condición de familia
numerosa, o de discapacidade e o título de familia numerosa.
Segundo informa o Goberno galego, os máis de 233.000 galegos que
dispoñen destes documentos acreditativos xa non terán que
presentalos naqueles trámites administrativos que os requiran. A
incorporación dos novos documentos foi dada a coñecer pola
conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato e a directora da
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.
Segundo
informaron, Traballo e Benestar é o primeiro departamento autónomo
en adherirse ao nodo de interoperabilidade. Tamén fixeron saber que
pasaXe, só no primeiro cuadrimestre de 2015, “evitou a petición
de 500.000 documentos ou certificados a cidadáns e empresas para a
realización de trámites administrativos”. Igualmente, lembraron
que o nodo é a plataforma tecnolóxica que permite o intercambio de
información entre as administracións, permitindo desbotar o envío
de documentación que xa estea en poder das mesmas e reducindo pois a
tramitación precisa para xestionar un expediente. Tamén se encamiña
a unificar nun único punto as relacións con outras administracións
Con estas tres
novas incorporacións, sinalaron Mato e Pereira, pasaXe! permite
consultar 35 tipos de certificados, entre os que se contan o de
identidade, o de dependencia, o da renda, os datos catastrais, o do
pagamento das obrigas tributarias, o dos datos catastrais, os títulos
universitarios, os certificados de nacemento, matrimonio ou defunción
ou a alta na Seguridade Social, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario