Ana, unha das representantes da Plataforma, explica que nestes momentos na xestión da Risga na Coruña "están traballando persoas que non teñen ningunha relación cos servizos sociais. Algunhas delas si teñen algo de experiencia na xestión de pensións non contributivas, pero isto non ten nada que ver coa xestión da Risga. Hai licenciadas en Dereito, outras persoas que antes traballaban en Medio Ambiente...". Destaca que isto "só pasa na Coruña", pois "nas restantes provincias galegas si hai persoal especializado: hai traballadores sociais, sociólogos, psicólogos".
"Antes, cando unha persoa solicitaba a Risga, non só se activaba esta axuda, senón tamén se poñía en alerta a todas aquelas institucións e asociacións e a todos os mecanismos que a esa persoa a poden axudar a saír desa situación na que está"Dende Proserso subliñan que a Risga é unha axuda "que necesita duns coñecementos específicos da materia e da poboación coa que se está tratando e dunha gran coordinación entre os concellos e outras administracións, esixe un control moi grande dos servizos sociais e un gran coñecemento das prestacións". "Antes, cando unha persoa solicitaba a Risga, non só se activaba esta axuda, senón tamén se poñía en alerta a todas aquelas institucións e asociacións e a todos os mecanismos que a esa persoa a poden axudar a saír desa situación na que está", conta Ana. "E o punto coordinador de todos eses esforzos, o nexo de unión" -destaca- "eran as persoas da UTA". "Porén, hoxe a Unidade limítase a tramitar a concesión dunha axuda económica, dando unha resposta positiva ou negativa ás solicitudes", denuncia. "Isto produce unha situación de desprotección do cidadán, porque cando unha persoa está nunha situación de carencia necesita outras cousas, non só que se lle tramite unha axuda", engade.
Di que na Coruña, dende maio de 2014, "o sistema de coordinación está totalmente roto, apenas se dá atención telefónica, apenas se lles dá información aos usuarios e usuarias sobre a situación da súa Risga"Sinala, neste senso, que na Coruña, dende maio de 2014, "o sistema de coordinación está totalmente roto, apenas se dá atención telefónica, apenas se lles dá información aos usuarios e usuarias sobre a situación da súa Risga, que é un dereito que teñen". "Hai unha situación de indefensión da persoa que está pasando por unha situación de necesidade. Estas persoas teñen uns dereitos que non están sendo respectados", di.
Proserso botou a andar en febreiro, e dende entón vén realizando un labor de análise en distintos ámbitos: menores, dependencia, Risga, a nova Lei de Inclusión, a regulación da profesión na nova Lei de función pública..., un traballo que nas vindeiras semanas será público a través da difusión dun documento que amosará a súa valoración sobre o actual estado dos servizos sociais en Galicia. "Demandamos atención de calidade en servizos sociais, sobre todo nesta situación na que estamos", di Ana.
"Queremos devolverlle á cidadanía unha atención de calidade e que se respecte a lexislación vixente, que non se está respectando na maioría das áreas de servizos sociais""E esiximos tamén persoal especializado. Non todo o mundo pode facer de todo e non todas as problemáticas son iguais. Cando unha persoa vai ao seu médico de cabeceira, seguramente non lle gustaría ser atendido por un Licenciado en Historia, por moito que sexa un Grupo A. E de igual xeito, cando unha persoa vai a servizos sociais, debería ser atendido polos profesionais especializados en servizos sociais: traballadores sociais, psicólogos, educadores sociais...", engade. "Queremos devolverlle á cidadanía unha atención de calidade e que se respecte a lexislación vixente, que non se está respectando na maioría das áreas de servizos sociais", conclúe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario